Antalis novemcostata é unha especie de molusco escafópodo da orde dos dentalíidos (Dentaliida) e da familia do mesmo nome (Dentaliidae), unha das moitas que incúe o xénero Antalis.Antalis novemcostata (Lamarck, 1818) no WoRMS.
Descrición A especie Antalis novemcostata foi descrita en 1818 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck, co nome de Dentalium novencostatum,Dentalium novemcostatum Lamarck, 1818 no WoRMS] no tomo V da súa obra Histoire naturelle des animaux sans vertèbres. (Ver en liña).
Sinonimia Ademais de polo seu nome actualmente válido coñeceuse durante moito tempo polo sinónimo Dentalium novemcostatum Lamark, 1818.
Características Ten a cuncha de até 50 mm de lonxitude, moi semellante á da outra especie galega do xénero, A. vulgaris, da que se diferencia polas súas fortes costelas lonxitudinais, e polo seu extremo apical, máis afiado; a cor da cuncha é abrancazada, ás veces con manchas rosadas. O animal é de cor abrancazada. Vive en fondos de area lamacenta na rexión infralitoral.Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1996), páx. 269.
En Galicia En Galicia é abundante no interior das rías.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3. D'Ancona, Humberto (1972): "Escafópdos" en Tratado de zoología. Tomo II. Zoología especial. Barcelona: Editorial Labor, S. A., pp. 747–748. Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): "Escafópodos o solenoconos", pp. 421.424, en Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4. Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3. Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7. Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-072-3. Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): "Scaphopoda", en Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2, p. 160. Steiner, G. & Kabat, A. R. (2001): "Catalogue of supraspecific taxa of Scaphopoda (Mollusca)" Zoosystema 23 (3): 433-460.Ver en liña. VV. AA. (1968): "Escafópodos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 272–274.
Outros artigos Dentalíidos Escafópodos Antalis''
Ligazóns externas Antalis novemcostata (Lamarck, 1818) no ITIS. Antalis novemcostata na ADW. Antalis novemcostata na EOL. Antalis novemcostata (Lamarck, 1818) en biodiversidadvirtual. Numerosas imaxes. Antalis novemcostata (Lamarck, 1818) en Iberfauna. Antalis novemcostata (Lamarck, 1818) en AnimalBase.
Categoría:Escafópodos Categoría:Moluscos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1818