A base de datos Web SQL é unha API web empregada para almacenar información en bases de datos que poden ser lidas mediante unha variación do linguaxe SQL.Nelson, Anne Fulcher, and Nelson, William Harris Morehead. (2001). Building Electronic Commerce with Web Database Constructions. Boston, MA: Addison Wesley. Esta API é soportada polo Google Chrome, Opera, Safari e o navegador de Android.
O consorcio W3C deixou de traballar na estandarización das Bases de Datos Web SQL en novembro do 2010, citando a falta de implantacións independentes (i.e. o uso do sistema en escenarios de backend, diferentes de SQLite) coma a razón de que a especificación non acadara o categoría de recomendación por parte da W3C.
A corporación Mozilla foi unha das voces máis importantes na ruptura das negociacións e declarando o estándar obsoleto, propoñendo ó mesmo tempo unha alternativa de almacenamento: as bases de datos IndexedDB.
Referencias
Ligazóns externas Borradores sobre Web SQL da W3C Información adicional na web Info-Q Navegadores que soportan o estándar Web SQL
Categoría:Bases de datos Categoría:SQL Categoría:Interfaces de programación de aplicacións