Mercedes-Benz Group AG é unha corporación automobilística multinacional alemá. Daimler AG ten a súa sede en Stuttgart, Baden-Württemberg, Alemaña. Desde 2014, Daimler posúe ou ten accións nunha serie de marcas de automóbiles, autobuses, camións e motocicletas incluíndo Mercedes-Benz, Mercedes-AMG, Smart Automobile, Freightliner, Western Star, Thomas Built Buses, Setra, BharatBenz, Mitsubishi Fuso, MV Agusta, así como accións de Denza, KAMAZ, Beijing Automotive Group e Renault-Nissan Aliance. A marca Maybach pechouse a finais de 2012, pero foi restablecida en novembro de 2014, como "Mercedes-Maybach", unha edición de ultra luxo do Mercedes-Benz Clase S. En 2015 Daimler vendeu 2,9 millóns de vehículos. Polas vendas de unidades, Daimler é o décimo terceiro maior fabricante de automóbiles e o segundo fabricante de camións máis grande no mundo. Ademais de coches, Daimler fabrica autobuses e ofrece servizos financeiros a través da súa filial Daimler Financial Services. A empresa cotiza no índice bolsista Euro Stoxx 50.

Historia Daimler AG é un fabricante alemán de automóbiles, vehículos de motor e motores, que data de fai máis dun século.

O 1 de maio de 1924 asinouse un Acordo de interese mutuo entre Benz & Cie (fundada en 1883 por Karl Benz) e Daimler Motoren Gesellschaft (fundada en 1890 por Gottlieb Daimler e Wilhelm Maybach).

Ambas compañías continuaron fabricando as súas marcas de automóbiles e motores de combustión interna por separado ata que, o 28 de xuño de 1926, cando Benz & Cie. e Daimler Motoren Gesellschaft AG se fusionaron oficialmente converténdose en Daimler-Benz AG, e decidiron que, a partir de entón, todas as fábricas utilizarian o nome comercial de Mercedes-Benz nos seus automóbiles.

En 1998, Daimler-Benz e Chrysler Corporation anunciaron maior operación transfronteiriza do mundo, por valor de 38 mil millóns de dólares, a empresa resultante foi a "DaimlerChrysler AG".

En 2007, cando o grupo Chrysler vendeuse a Cerberus Capital Management (véxase máis adiante), o nome da sociedade matriz cambiouse a simplemente "Daimler AG"Nota de prensa de Tata Group: "Jaguar comparte agora os dereitos do nome Daimler con Daimler AG, o fabricante de automóbiles alemán creado cando DaimlerChrysler se separou. Segundo os termos acordados en 2007 permiten á compañía alemá usar a marca Daimler como título dunha empresa comercial, nome comercial ou denominación social, dereitos que non posuía anteriormente. As condicións renegociadas non afectaron os dereitos de Jaguar para construír coches de Daimler. Un portavoz de Jaguar dixo: "O acordo de uso prolongado non afecta o dereito existente de calquera destas sociedades a utilizar o nome de Daimler para un produto." — The Times 28 de xullo de 2008..

En novembro de 2014, Daimler anunciou que adquiriría o 25 por cento do produtor italiano de motocicletas MV Agusta.Daimler buys into Agusta as motorbike and car tech converge . Reuters, 31 de outubro de 2014

Cronoloxía de Daimler AG Benz & Company, 1883–1926. Daimler Motoren Gesellschaft AG, 1890–1926. Daimler-Benz AG, 1926–1998. DaimlerChrysler AG, 1998–2007. Daimler AG, 2007–presente.

Fusión con Chrysler miniatura|right|O antigo logotipo de Daimler Chrysler AG.

Na chamada "fusión de iguais", ou "matrimonio perfecto", de acordo co seu entón CEO e promotor Jürgen E. Schrempp, Daimler-Benz AG e o fabricante de automóbiles Chrysler Corporation con sede nos Estados Unidos, o máis pequeno dos tres fabricantes de automóbiles estadounidenses, fusionouse en 1998 nun intercambio de accións, Daimler-Benz AG comprou o 92% de Chrysler, e o 8% de Chrysler permaneceu independente e formou DaimlerChrysler AG. Os termos da fusión permitian as empresas non automobilísticas de Daimler-Benz, tales como Daimler-Benz InterServices AG, "debis AG" para abreviar, (creada en 1989 para manexar o procesamento de datos, servizos financeiros e de seguros, e a administración de bens inmobles para o grupo Daimler) a continuar coas súas respectivas estratexias de expansión. DEBIS AG reportou ingresos de 8.6 $ mil millóns (15,5 millóns de marcos alemáns) en 1997. A fusión foi polémica cos investidores lanzando xuízos sobre se a transacción foi unha "fusión entre iguais" ou en realidade equivalía a unha toma de control de Daimler-Benz de Chrysler. Unha demanda colectiva dos investidores resolveuse en agosto de 2003 por 300 millóns de dólares, mentres que a do investidor multimillonario Kirk Kerkorian foi desestimada o 7 de abril de 2005. O presidente Jürgen E. Schrempp, renunciou a finais de 2005, en resposta á caída do prezo das accións da compañía trala operación. A fusión foi tamén o tema dun libro Dar gato por lebre: Como Daimler-Benz quedouse con Chrysler, (2000) by Bill Vlasic e Bradley A. Stertz.

Outro tema de discusión foi se a fusión produciu as sinerxias prometidas e se as dúas empresas integráronse con éxito. Produciuse só nalgúns modelos, polo que os efectos da sinerxia no desenvolvemento e a produción foron demasiado baixos.Wiggers Martin H.: Sternstunden, Strategische Unternehmensfuehrung Nr. 2, 2000. Munich, St. Gallen 2000, ISSN 1436-5812 Aínda en 2002, DaimlerChrysler parecía funcionar en dúas liñas de produtos independentes. Máis tarde ese mesmo ano, a compañía lanzou produtos que parecían integrar elementos de ambas compañías, incluíndo o Chrysler Crossfire, que se basea na plataforma do Mercedes SLK e utiliza o Mercedes 3.2L V6, e o Dodge Sprinter / Freightliner Sprinter, unha re-xovenecida camioneta Mercedes-Benz Sprinter.

Venda de Chrysler

Daimler acordou a venda da unidade de Chrysler a Cerberus Capital Management en maio de 2007 por 6 mil millóns de dólares. Durante a maior parte da súa historia, Chrysler foi o máis pequeno dos "Big 3" fabricantes de automóbiles dos Estados Unidos, pero en xaneiro de 2007, DaimlerChrysler, con exclusión das súas liñas de luxo de Mercedes e Maybach, tamén superou en vendas a Ford tradicionalmente no segundo lugar, aínda que por detrás de General Motors e Toyota. Chrysler reportou perdas de 1,5 mil millóns de dólares en 2006. A continuación, anunciou plans para despedir a 13.000 empregados a mediados de febreiro de 2007, pechar unha planta de ensamblaxe principal e reducir a produción noutras plantas co fin de restaurar a rendibilidade para o ano 2008. Segundo as noticias DaimlerChrysler chamou a outros fabricantes de autos e grupos de investimento para vender Chrysler a principios de 2007. Pero o 3 de agosto de 2007, DaimlerChrysler completou a venda de Chrysler Group a Cerberus Capital Management. O acordo inicial indicaba que Cerberus tomaría unha participación do 80,1 por cento na nova compañía, Chrysler Holding LLC. DaimlerChrysler cambiou o seu nome a Daimler AG e retivo a participación restante do 19,9% na separada Chrysler.. Cerberus pagou a Daimler 650 millóns de dólares para tomar Chrysler e os pasivos asociados fóra das súas mans. Posteriormente en 2009 Chrysler declarouse en creba, Chrysler pasou a ser controlado polo fabricante italiano Fiat con plans para integrar os produtos de Chrysler na carteira de Fiat, por exemplo Lancia e Chrysler, e Fiat Dodge. A pesar do feito de que pasaron sete anos logo da división de Daimler / Chrysler, a cuarta xeración do Jeep Grand Cherokee comparte plataforma co Mercedes-Benz Clase M. Isto tamén inclúe as plataformas dos vehículos Chrysler LX que inicialmente utilizan compoñentes de Mercedes-Benz desde a súa presentación en 2005.

Asuntos corporativos

Xestión Dieter Zetsche foi o presidente de Daimler e responsable de Mercedes-Benz Cars desde 1 de xaneiro de 2006, así como membro do Consello de Administración desde 1998. Foi o presidente e CEO da Chrysler, LLC (que era propiedade de Daimler AG), coñecido nos Estados Unidos como "Dr. Z" por unha campaña publicitaria de Chrysler chamada "Ask Dr. Z".

Os membros do Consello (2015) de Dirección de Daimler AG son: Dr. Dieter Zetsche: Presidente da Xunta, así como responsable de Mercedes-Benz Cars. Dr. Wolfgang Bernhard: Xefe da División de Camións. Renata Jungo Brüngger: Integridade e Asuntos Legais. Ola Källenius:. Xefe de Mercedes-Benz Cars Mercadotecnia e Vendashttp://www.Daimler.com/corporate governance Wilfried Porth: Xefe de Recursos Humanos e Relacións Laborais. Hubertus Troska: Gran China. Bodo Uebber: Xefe de Finanzas e Control, así como os servizos financeiros. Dr. Thomas Weber: Xefe do Grupo de Investigación e Desenvolvemento de Mercedes-Benz Cars.

O Consello de xestión ten sete membros en total, logo da inesperada renuncia o 28 de xaneiro de 2014 de Andreas Renschler, ex xefe de fabricación de automóbiles de Mercedes Benz e Mercedes-Benz Vans, volveu de novo a oito logo do nomeamento o 1 de xaneiro en 2015, do sueco Ola Källenius ao Consello de Administración como responsable de Mercedes-Benz Cars mercadotecnia e Vendas.

En maio do ano 2015, os vinte membros do Consello de Administración de Daimler AG son: Manfred Bischoff (Presidente), Michael Brecht (vicepresidente), Paul Achleitner, Sari Baldauf, Michael Bettag, Bernd Bohr, Clemens Börsig, Jürgen Hambrecht, Petraea Heynike, Andrea Jung, Joe Kaeser, Ergun Lümali, Sabine Maaßen, Wolfgang Nieke, Bernd Pischetsrieder, Valter Sanches, Jörg Spies, Elke Tönjes-Werner, Frank Weber, Roman Zitzelsberger.

Estrutura societaria

Por propiedade: Investidores institucionais: 73,7 %. investidores privados: 16,4 %. Kuwait Investment Authority (Kuwait): 6,8 %. Renault (Francia): 1,54 %. Nissan (Xapón): 1,54 %.

Por rexión: Europa (excluíndo Alemaña): 29,7 %. Alemaña: 32,1 %. Estados Unidos: 25,5 %. Kuwait: 6,8 %. Asia: 5,4 %. Outros: 0,5 %.

Participación na EADS

En marzo de 2010, Daimler tiña unha participación do 22,5% na EADS, da cal o sector público mantivo o 40%. En abril de 2013, Daimler vendeu as súas accións na EADS, e o mesmo ano, a EADS reestruturouse nunha nova compañía aeroespacial chamada Airbus, no que Daimler AG non ten ningunha participación. Polo lado do sector público, o grupo bancario KfW ten un 13%, HGV Hamburger Gesellschaft fur Vermogens- und Beteiligungsverwaltung (Estado de Hamburgo) ten o 10%, Hannoversche Beteiligungsgesellschaft (Estado de Baixa Saxonia) ten un 5%, Bayerische Landesbodenkreditanstalt, Anstalt der Bayerischen Landesbank posúe un 3,5%, LfA Förderbank Bayern posúe un 1,5%, Landesbank Baden-Württemberg e Landeskreditbank Baden-Württemberg - Förderbank (L-Bank) cada un posúe un 2,5%, e Bremer Investitions-Gesellschaft (Estado de Bremen) posúe o 2%.

Liderado

Daimler-Benz AG (1926-1998) Wilhelm Kissel (1926-1942) Wilhelm Haspel (1942-1952) Heinrich C. Wagner (1952) Fritz Koenecke (1952-1960) Walter Hitzinger (1961-1966) Joachim Zahn (1966-1979) Gerhard Prinz (1980-1983) Werner Breitschwerdt (1983-1987) Edzard Reuter (1987-1995) Jürgen E. Schrempp (1995-1998)

DaimlerChrysler AG (1998-2007) Jürgen E. Schrempp (1998-2006) Robert James Eaton (co-CEO, 1998-2000) Dieter Zetsche (2006-2007)

Daimler AG (2007-presente) Dieter Zetsche (2007-presente) CEO Annette Winkler (2010-presente), Smart Automobile

Expansión North Charleston