O Campo Municipal de Fútbol A Porta Santa é unha instalación destinada á práctica do fútbol situada no lugar de Paiosaco, parroquia de Lestón. Nel, xoga os seus partidos como local a Unión Deportiva Paiosaco e o seu propietario é o Concello da Laracha.

O seu terreo de xogo é de céspede artificial de 105 x 65 metros e conta cunha bancada cuberta con capacidade para 250 espectadores, sendo a capacidade total do recinto de 500 persoas. En 2013 instaláronse asentos de plástico con respaldo na bancada.

Atópase a poucos metros do antigo campo, do mesmo nome e foi inaugurado o 1 de outubro de 2005 cun encontro entre a UD Paiosaco e o Sporting Ciudad da Coruña. Este novo recinto supuxo un investimento de 1.000.000 de euros. A maior contía foi achegada polo Concello da Laracha, aínda que tamén participaron a Deputación Provincial da Coruña e a Xunta de Galicia. Desde a tempada 2002-2003, o Paiosaco viña xogando no Campo Municipal da Laracha por mor das malas condicións da vella Porta Santa.

Notas

Porta Santa Categoría:Deporte na Laracha