Tijuana é un dos cinco concellos do Estado de Baixa California, o máis afastado da cidade de México. Limita coas municipalidades mexicanas de Tecate, Ensenada e co océano Pacífico ao oeste e cos Estados Unidos de América ao norte. En 2015 tiña unha poboación de 1.559.683 habitantes. A cabeceira municipal ou capital do concello é Tijuana.Monografia municipal de Tijuana
Xeografía miniatura|left|250px|Illas Coronado.
O concello sitúase ao noroeste do estado de Baixa California. Limita ao norte coa fronteira dos Estados Unidos. As súas coordenadas xeográficas extremas do meridiano de Greenwich son latitude norte 32°11′23″ mínima, 32°35′28″ máxima, lonxitude oeste 116°31′30″ mínima, 117°7′35″ máxima. O territorio do concello é grande; ten 1.239,49 km2 de superficie e tamén ten illas na beira do Oceáno Pácífico chamadas Illas Coronado.
Clima O clima é mediterráneo. Case todo o territorio ten abundante humidade no ambiente polo mar.
Demografía Localidades do concello O concello ten moitas localidades e na seguinte táboa amósanse as principais urbanas e rurais. Localidades Poboación Total do concello 1.559.683 Tijuana 1.300.983 La Joya 26.860 El Niño 8.999 San Luis 8.571
Trasportes e comunicacións Estradas principais 15px Autoestrada Federal 1 15px Autoestrada Federal 1D 15px Autoestrada Federal 2 15px Autoestrada Federal 2D
Transporte aéreo A cidade conta cun aeroporto internacional, que ten conexión cas cidades mexicanas; ademais ten conexións internacionais aos Estados Unidos e China. O Aeroporto Internacional de Tijuana sitúase a 8 km do centro da cidade, na delegación de Otay Centenario, preto do muro fronteirizo e ten conexión co o Condado de San Diego.
Política e goberno A Xunta de Tijuana está formada por un presidente municipal ou alcalde, un síndico, un tesoureiro, un secretario da xunta e rexidores das delegacións. A elección é por representación democrática que encabezan os partidos políticos para un período de tres anos de goberno.
Alcaldes 22px Jorge Astiazaran Orci (2015-2018) 20px Montserrat Caballero Ramírez (2021-2024) 20px Ismael Burgueño Ruiz (2024-2027)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Concello de Tijuana INEGI, 2009.
Categoría:Tijuana