miniatura|Alegoría, autor anónimo. Vendimiario (en francés Vendémiaire) é o nome do primeiro mes do calendario republicano francés, o primeiro tamén da estación do outono. Comeza o día do equinoccio de outono, que segundo o ano cae o 22, o 23 ou o 24 de setembro, e acaba o 21, o 22 ou o 23 de outubro. Coincide aproximadamente co paso aparente do Sol pola constelación zodiacal de Libra.
O nome do mes deriva do francés vendange (en galego: "vendima"). Segundo o informe á Convención proposto por Fabre d'Églantine, o devandito nome refírese "ás vendimas que teñen lugar en setembro e en outubro". O sufixo -ario denota que o mes pertence á estación do outono, igual que Brumario e Frimario.
O 13 vendimario Este primeiro mes do ano do calendario republicano francés é coñecido polo acontecemento que fixo aparecer por primeira vez a Napoleón Bonaparte nos asuntos políticos da historia de Francia, a insurrección realista do 13 vendimario do ano IV.
Véxase tamén Ligazóns externas Historia do calendario republicano francés no blog Filosofía para la buena vida (en castelán). Facsímile dos meses de outono do ano II .
Categoría:Calendario republicano francés Categoría:Revolución Francesa