miniatura|Alegoría, autor anónimo Floreal (en francés: Floréal) é o nome do oitavo mes do calendario republicano francés, o segundo da estación da primavera, que dura desde o 20 ou 21 de abril ata o 20 ou 21 de maio, segundo o ano. Coincide de xeito aproximado co paso aparente do Sol pola constelación zodiacal de Taurus.
O nome do mes deriva do latín flos, que quere dicir "flor". Segundo o informe á Convención elaborado por Fabre d'Églantine, o devandito nome refírese "á apertura das flores de abril a maio". O sufixo -al denota que o mes pertence á estación da primavera, igual que Xerminal e Pradial.
Véxase tamén
Ligazóns externas Historia do calendario republicano francés no blog Filosofía para la buena vida Facsímile dos meses de primavera do ano II.
Categoría:Revolución Francesa Categoría:Calendario republicano francés