miniatura|250px|Froitos. miniatura|250px|Inflorescencia miniatura|250px|Carludovica palmata por J. van Aken, 1860-1870 Carludovica palmata é unha especie pertencente á familia das ciclantáceas. Descrición Non é unha verdadeira palma pero está relacionada con estas por pertencer á mesma orde das espatifloras. En realidade é unha planta herbácea de 1,5 a 2,5 m de altura, sen un talo visible. Posúe follas simples, agrupadas e que conforman unha roseta, con láminas de até 65 cm de longo, en forma de abano, pregadas e cos bordos aserrados. As súas follas diferéncianse das follas das verdadeiras palmas en que non contan cunha estrutura en forma de lámina aguda localizada na unión do pedúnculo e os folíolos.
As súas flores femininas, que maduran primeiro, botan estigmas caedizos con moitas flores pequeniñas de cor branca-crema e as flores masculinas, que maduran posteriormente, botan abundante pole. Multiplícase vexetativamente pois non produce sementes viables. Tamén se diferencia claramente das palmeiras en que non desenvolve tronco leñoso. O seu froito de até 15 cm de lonxitude é carnoso, de cor verde e no interior, laranxa.
Cultivo e usos
Cultivada desde Centroamérica até Bolivia especialmente en Ecuador, aprovéitanse as fibras suaves, flexibles e duradeiras, con que se tecen sombreiros e outros artigos.
Taxonomía Carludovica palmata foi descrito por Ruiz & Pav. e publicado en Systema Vegetabilium Florae Peruvianae et Chilensis 291–292. 1798. Etimoloxía Carludovica: nome xenérico en lembranza de Carlos IV de España e a súa dona María Luísa de Parma.Genaust, Helmut (1976). Etymologisches Wörterbuch der botanischen Pflanzennamen ISBN 3-7643-0755-2
palmata: epíteto latíno que significa "como unha palma".En Epítetos Botánicos Sinonimia Carludovica gigantea Kuntze Carludovica incisa H.Wendl. Carludovica jamaicensis Lodd. ex Fawcett & Harris Ludovia palmata (Ruiz & Pav.) Pers. Salmia jamaicensis Steud. Salmia palmata (Ruiz & Pav.) Willd. Carludovica humilis (Wawra & Bermann) Kuntze Carludovica serrata Wawra & Bermann en PlantList
Notas
Véxase tamén Bibliografía CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Mexico City. Correa A., M.D., C. Galdames & M. Stapf. 2004. Cat. Pl. Vasc. Panamá 1–599. Smithsonian Tropical Research Institute, Panama. Cowan, C. P. 1983. Flora de Tabasco. Listados Floríst. México 1: 1–123. Dodson, C.H. & A.H. Gentry. 1978. Flora of the Río Palenque Science Center: Los Ríos Province, Ecuador. Selbyana 4(1–6): i–xxx, 1–628. Dodson, C.H., A.H. Gentry & F.M. Valverde Badillo. 1985. Fl. Jauneche 1–512. Banco Central del Ecuador, Quito. Foster, R. C. 1958. A catalogue of the ferns and flowering plants of Bolivia. Contr. Gray Herb. 184: 1–223. View in Biodiversity Heritage Library Funk, V. A., P. E. Berry, S. Alexander, T. H. Hollowell & C. L. Kelloff. 2007. Checklist of the Plants of the Guiana Shield (Venezuela: Amazonas, Bolivar, Delta Amacuro; Guyana, Surinam, French Guiana). Contr. U.S. Natl. Herb. 55: 1–584. View in Biodiversity Heritage Library Hammel, B. E. 2003. Cyclanthaceae. In: Manual de Plantas de Costa Rica, B.E. Hammel, M.H. Grayum, C. Herrera & N. Zamora (eds.). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 92: 424–455. Ligazóns externas
http://zipcodezoo.com/Plants/C/Carludovica_palmata/pt/ Panama Hats | Sombrero Montecristi | Sombrero Paja Toquilla
Categoría:Liliopsida Categoría:Plantas descritas en 1798