José Alfonso Blanco Quintela, nado en Carballo en 1969, é un latinista, profesor e tradutor galego.

Traxectoria Blanco é licenciado en Filoloxía clásica pola USC. Na actualidade reside en Louro e imparte aulas no IES Fontexería de Muros; é profesor de latín, grego e cultura clásica.

Como tradutor traballou para editoriais como Galaxia, Hugin e MuninBase de datos de libros editados en España, consultado en abril de 2016. ou Rinoceronte.

Na súa faceta docente, cabe destacar unha mención na VII Edición do Certame EducaCompostela, polo seu traballo Ad latinitaem, do cal o xurado sinalou que:

Obras

Infantil e xuvenil

A vida na Grecia clásica (2022). Vigo: Xerais. Ilustracións de Jorge Campos. 96 páxs. ISBN 978-84-1110-089-2. ePub: ISBN 978-84-1110-094-6.

Traducións Sobre a vellez. Sobre a amizade, de Cicerón. Ed. Galaxia, 1995. Cartas, de Cicerón. Ed. Galaxia/Xunta de Galicia, 1996.Escolma de 66 cartas datadas entre o ano 58 e o 56 AEC . A selección correspóndese coa do vol. II da Edición da Collection des Universités de France. O soño, de Johannes Kepler. Ed. Hugin e Munin, 2014. Nova Atlántida, de Francis Bacon. Ed. Hugin e Munin, 2016. A viaxe subterránea de Niels Klim, de Ludvig Holberg. Ed. Hugin e Munin, 2017. Un mundo distinto e igual, de Joseph Hall. Ed. Hugin e Munin, 2017 Pequena Inglaterra, de Ioanna Karistiani. Ed. Hugin e Munin, 2018. A guerra da Galia, de Xulio César. Edicións Laiovento, 2019. A lúa e seis peniques, de William Somerset Maugham. Ed. Hugin e Munin, 2019. A honra e os cartos, de Konstantinos Theotokis. Ed. Hugin e Munin, 2020. O esmoleiro, de Andreas Karkavitsas. Ed. Hugin e Munin, 2021. O obradoiro de vidro, de Menis Koumantareas. Ed. Hugin e Munin, 2021. As consecuencias da vella historiaObra gañadora na terceira edició do Premio Realia de Tradución Literaria., de Georgios Viziinos. Ed. Hugin e Munin, 2021. Historia de dous amantes, de Enea Silvio Piccolomini, Rinoceronte editora, 2022. O crime de Psichiko, de Pavlos Nirvanas, Ed. Hugin e Munin, 2023. Eneida, de Virxilio, Rinoceronte editora, 2025.

Investigación e ensaio Toponimia de Muros, colección Terra Nomeada, Real Academia Galega, 2023.

Notas

Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores do latín Categoría:Nados en Carballo Categoría:Nados en 1969 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Tradutores do grego Categoría:Profesores de educación secundaria