O Recinto Feiral Expocoruña é a institución feiral da Coruña, que organiza salóns relacionados cos diferentes sectores económicos. Está situado en Someso.En 2012 Expocoruña obtuvo unos beneficios de 60.000 euros
Legalmente estrutúrase como a Fundación Instituto Ferial da Coruña (IFECO) con carácter de entidade pública, conformada pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Concello da Coruña, a Confederación de Empresarios da Coruña e Abanca.
Historia O proxecto do recinto feiral comezou o ano 2003. Porén, sufriu atrasos e aumentos de custos que elevaron o orzamento ata 37 millóns de euros, un 75% máis do presupostado. O edificio, deseñado por Luis Collarte, inaugurouse o 19 de febreiro de 2008.
Recinto miniatura Conta con 19 000 m2 cubertos e 8000 ao aire libre. Dispón tamén de salas multiúsos, aulas e despachos, ademais de aparcadoiro.
Feiras e outras actividades Algúns dos eventos organizados en Expocoruña son Expotaku,Expotaku a Feira de Autónomos de Galicia ou o Salón do Vehículo de Ocasión.Motorcasión reunirá 700 coches en Expocoruña
Nas instalacións realízanse tamén espectáculos musicais como o Sónar 2010, presentacións, congresos e mitins políticos.Rajoy participa este sábado en un almuerzo-mitin en A CoruñaUn escenario de estrella Entre o 16 de outubro e o 13 de novembro de 2012 tivo lugar no recinto o xuízo pola catástrofe do Prestige.Acción en vivo de Greenpeace
En abril de 2020 habilitouse no recinto un hospital de campaña para empregar durante a pandemia por coronavirus.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Expocoruña Expocoruña na páxina do Concello da Coruña
Categoría:A Coruña Categoría:Institucións feirais