Lilium, é un xénero de plantas comunmente coñecidas coma azucenasNome vulgar galego das especies do xénero en Fonte Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C), A Coruña, Deputación da Coruña, 2000: nome común de diversas plantas monocotiledóneas, pertencentes ás familias das liliáceas (xéneros Lilium e Hemerocallis), amarilidáceas (xéneros Alstromeria, Amaryllis, Polianthes, Sternbergia e Zephirantes) apocináceas (xénero Macrosiphonia) e orquidáceas (xén. Codonorchis), todas elas moi apreciadas como ornamentais.O nome azucena corresponde logo a moitas especies de diferentes xénero, polo que optamos por darlle ao artigo o nome xenérico científico, existen unhas 110 especies no xénero, que se inclúe dentro da familia das liliáceas.
O nome común galego azucena adoita, porén, reservarse á especie do xénero: Lilium candidum, planta ornamental con bulbo, de talo alto, estreitas follas longas e flores en acio, olorosas e brancas, vermellas ou amarelasTermos esenciais de botánica, Santiago de Compostela, Universidade, 2004; e Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009.
Descrición As azucenas son xeralmente herbas de talos frondosos que forman bulbos subterráneos, escamentos ou espidos, os cales utilizan para sobrevivir no inverno. Nalgunhas especies norteamericanas a base do bulbo desenvolveuse en rizomas sobre os que se atopan numerosas ceboliñas pequenas. Outras desenvolven estolóns. A maioría dos bulbos están profundamente enterrados, con todo uns cantos fórmanse preto da superficie do chan.
Moitas especies desenvolven raíces no talo, con elas, o bulbo medra de forma natural a certa profundidade e cada ano o novo talo, a medida que emerxe do chan, emite raíces adventicias por riba do bulbo. Estas son adicionais ás raíces basais.
A maioría de especies son caducas, agás unhas cantas (como Lilium candidum, Lilium catesbaei) que manteñen unha roseta de follas basais durante o período de inactividade invernal.
As grandes flores, que exhalan un forte cheiro, sobre todo á noite, teñen seis pétalos nunha variedade de cores que abarca o branco, amarelo, alaranxado, rosado e púrpura. Os motivos inclúen tacas, pinceladas e puntillas. A floración dáse no verán.
As sementes, que madurecen a finais do verán, amosan diferentes e a miúdo complexos padróns de xerminación adaptados aos climas que habitan.
Algunhas especies incluídas antes dentro deste xénero foron transferidas a outros, como Cardiocrinum e Nomocharis. miniatura|Imagxe de Lilium Amelie,Instituto de bioloxía de Daca, Bangladesh Hai 13 tipos de cultivares: entre eles: New York e Amélie.
Distribución e hábitat dereita|miniatura|Lilium asiático híbrido branco, mostrando flores recentemente abertas e casulos sen abrir. miniatura|Pétalo con pole Nativo das rexións temperadas do hemisferio norte. No Vello Mundo esténdese pola maior parte de Europa desde o norte até a costa do Mediterráneo, a maior parte de Asia, Xapón, sur dos montes Nilgiri na India, e sur de Filipinas. No Novo Mundo esténdese desde o sur do Canadá e a maior parte dos Estados Unidos.
Están comunmente adaptadas a hábitats boscosos, a miúdo montañosos ou ás veces pradarías. Algunhas das especies poden sobrevivir en pantanos, lamagueiros e as epífitas atópanse no sueste asiático (como L. arboricola). En xeral prefiren solos moderadamente acedos e libres de cal.
Especies O xénero Lilium inclúe as especies a seguir:
Sinonimia Lirium Scop., Fl. Carniol.: 239 (1760), nom. illeg. Martagon Wolf, Xene. Pl.: 84 (1776). Martagon (Rchb.) Opiz, Seznam: 63 (1852), nom. illeg.
Notas
Categoría:Plantas bulbosas Categoría:Flores Categoría:Taxons descritos por Linné