O tiwi é unha lingua aborixe de Australia clasificada como lingua illada e que é falada polo pobo tiwi que habita nas illas Melville e Bathurst, no Territorio do Norte. Ten arredor de 2 040 falantes e forma parte do 10% de linguas aborixes de Australia que aínda segue a ser aprendida por nenos. Segundo datos de 2016 tiña 2 040 falantes. O tiwi está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de linguas aborixes de Australia Ligazóns externas A lingua tiwi en Ethnologue.com
Categoría:Linguas illadas Categoría:Linguas de Australia Categoría:Linguas polisintéticas