Arthur Adams, nado en 1820 en Gosport, Hampshire, e finado en 1878, foi un médico e naturalista inglés.

Traxectoria Adams foi cirurxián na Royal Navy a bordo do H.M.S. Samarang, que levou a cabo a exploración do arquipélago Malaio, os mares do Xapón, Corea e a China, desde 1843 a 1846. En 1850 publicou o libro Zoology of the voyage of H.M.S. Samarang, no que o zoólogo Adam White colaborou con el nas descricións dos crustáceos encontrados na viaxe.

En 1857, durante a Segunda Guerra do Opio, serviu como cirurxián no H.M.S. Actaeon, estivo presente na toma de Cantón e foi condecorado.

En 1870 retirouse como cirurxián cando servía a bordo do buque insignia H.M.S. Royal Adelaide, en Plymouth.

Foi un prolífico malacólogo que describiu "centos de novas especies, a maioría delas non ilustradas e insuficientemente diagnosticadas". Citado en

Traballou co seu irmán Henry Adams (1813–1877) e entre ámbolos dous escribiron The genera of recent mollusca: arranged according to their organization, en tres volumes publicados en 1858.

Así mesmo escribiu Travels of a naturalist in Japan and Manchuria (1870), e un artigo dsobre as arañas interesantes vistas nas súas viaxes..

Especies nomeadas na honra de Arthur Adams Finella adamsi (Dall, 1889), Arcopsis adamsi (Dall, 1886), Hinnites adamsi Dall, 1886 [sinónimo de Pseudohinnites adamsi (Dall, 1886)], Brachidontes adamsianus (Dunker, 1857), Nucinella adamsi (Dall, 1898); como Natica adamsiana R. W. Dunker, 1860, posibelmente Octopus adamsi Benham, 1944 [sinónimo de Octopus huttoni Benham, 1943, posibelmente Zebrida adamsii White, 1847].

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas WoRMS. Lista dos taxons descritos por Adams.

Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Nados en Gosport Categoría:Nados en 1820 Categoría:Finados en 1878 Categoría:Malacólogos do Reino Unido