O mar de Groenlandia é a parte máis setentrional do océano Atlántico Norte, inmediatamente ao sur do océano Ártico. Está localizado entre a costa oriental de Groenlandia, as illas Svalbard, a illa de Jan Mayen e Islandia. O mar de Groenlandia defínese a miúdo como parte do océano Ártico,Greenland Sea, MarBEF Data System – European Marine Gazetteer e ás veces como parte do océano Atlántico. Comprende aproximadamente 1 205 000 km² e a súa profundidade media é duns 1.450 m. O punto máis profundo, 5.600 m,Soltwedel, T., Miljutina, M., Mokievsky, V., Thistle, D., Vopel, K.(2003). The meiobenthos of the Molloy Deep (5600 m), Fram Strait, Arctic Ocean, Vie et milieu-life and environment, 53(1), 1-13. Dispoñible en: . foi atopado na fosa Molloy («Molloy Deep»), no estreito de Fram, entre o nordés de Groenlandia e as Svalbard. Xeografía O mar de Groenlandia está limitado ao oeste pola illa de Groenlandia, e ao sur polo estreito de Dinamarca e Islandia; ao sueste, detrás da illa Jan Mayen, atópase a vasta extensión do mar de Noruega, do que ás veces o mar de Groenlandia se considera unha extensión. A través do estreito de Fram, ao nordeste, o mar está delimitado polo arquipélago das illas Svalbard. Correntes oceánicas Este brazo do océano Glacial Ártico é o principal conduto das súas augas cara ao océano Atlántico. As progresivamente frías augas da Corrente do Atlántico Norte («North Atlantic Current») afúndense no océano Ártico, retornando ao sur en forma de Corrente Groenlandia Este («East Greenland Current»), unha parte importante da cinta transportadora do Atlántico. Debido á deriva de xeo do Ártico, pártea norte do mar de Groenlandia de cando en cando está aberta á navegación. Biodiversidade As principais especies que habitan este mar atópanse na base da cadea alimentaria. Existen grandes invertebrados, peixes, aves e mamíferos (incluídos focas, baleas e delfíns, que se alimentan de invertebrados e pequenos organismos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Mares do Océano Ártico Categoría:Xeografía de Groenlandia Categoría:Mares do Océano Atlántico