Lasa eta Zabala (en galego, Lasa e Zabala) é un filme español escrito por Joanes Urkixo e dirixido por Pablo Malo, onde narra o caso Lasa e Zabala, a desaparición dos membros de ETA José Antonio Lasa e José Ignacio Zabala, que foron secuestrados, torturados e asasinados en 1983, polos GAL. O filme foi estreado o 17 de outubro de 2014, e na edición dese ano do Festival Internacional de Cine de Donostia gañou o premio na Sección oficial longametraxes, malia que estaba fóra de concurso.
Argumento Tras a desaparición, en 1983, dos membros de ETA José Antonio Lasa e José Ignacio Zabala, doce anos despois identifícanse os corpos, torturados e enterrados en cal viva polos GAL, comezando así un proceso no que o avogado das dúas familias intentará que se faga xustiza e procesar aos asasinos.
Personaxes Unax Ugalde como Iñigo Iruin Ricard Sales como Dorado Francesc Orella como Galindo Itziar Ituño como Amaia Javier Mora como Vaquero Oriol Vila como Bayo Pep Tosar como Xuíz instrutor Iñaki Ardanaz como Marrero
Produción A rodaxe realizouse nas localidades de Baiona e Tolosa.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Caso Lasa e Zabala Ligazóns externas Páxina oficial do filme Ficha na IMDb Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 2014 Categoría:Filmes en lingua éuscara Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes do País Vasco Categoría:Filmes rodados no País Vasco Categoría:Filmes sobre ETA Categoría:Filmes baseados en feitos reais