Matthew Locke, nado en Exeter, Inglaterra, en 1621 ou 1662 e finado en Londres en agosto de 1677, foi un compositor inglés do Barroco.
Foi amigo de Henry Purcell, a quen influíu notablemente no estilo musical. Tamén traballou colaborando con compositores como John Playford, Cristopher Gibbons e Henry Lawes.Uncle Dave Lewis. Biografía de Matthew Locke en www.allmusic.com
Biografía Locke foi corista da catedral de Exeter entre 1638 e 1641, onde estudou con Edward Gibbons. Entre 1641 e 1651 estivo exiliado nos Países Baixos, probablemente en compaña doutros realistas.
De volta a Inglaterra, Locke compuxo con Christopher Gibbons a partitura para a obra Cupid and Death, ("Cupido e a Morte") unha mascarada ou obra de entretemento escrita en 1653 polo dramaturgo James Shirley. A súa partitura para esa obra é a única que hoxe se conserva dunha obra dramática daquela época.Caldwell, John. The Oxford History of Music: From the Beginnings to C. 1715. Oxford, Oxford University Press, 1999. Páxina. 555.
Locke formou parte do quinteto de compositores que cumpuxeron música para The Siege of Rhodes ("O asedio de Rodas"), a temperá ópera (1656) de William Davenant.Os outros catro foron Henry Lawes, George Hudson, Henry Cooke e Charles Coleman Locke escribiu música tamén para as seguintes óperas de Davenant, The Cruelty of the Spaniards in Peru ("A crueldade dos españois en Perú"), de 1658, e The History of Sir Francis Drake ("A historia de sir Francis Drake"), de 1659.Susan Treacy, en Baker, Christopher Paul, ed. Absolutism and the Scientific Revolution, 1600–1720: A Biographical Dictionary. London, Greenwood Press, 2002. Páxina 237.
Logo da restauración, foi nomeado compositor real en 1660 e un ano máis tarde escribiu música para a marcha procesional da coroación de Carlos II de Inglaterra.«Matthew Locke». Catholic Encyclopedia (en inglés). Nova York: Robert Appleton Company. 1913
En 1662 foi nomeado organista da raíña. A súa personalidade difícil e vingativa envolveuno en diversas controversias nos seus derradeiros anos.
Obras miniatura|Partitura de Saraband, unha das primeiras pezas para teclado de Matthew Locke.
Locke escribiu unha importante cantidade de himnos, motets, pezas vocais para servizos litúrxicos, obras dramáticas e música de danzaCatálogo das composicións de Matthew Locke en www.allmusic.com. Tamén é autor dun tratado de música, titulado Melothesia.
Á parte das xa citadas, outras das súas obras principais son as seguintes: The tempest ("A tempestade"), música de escena sobre a obra de William Shakespeare, de 1667: abertura, intermezzos e canon final. Macbeth, de 1672, tamén atribuída a Henry Purcell. The masque of Orpheus ("A máscara de Orfeo"), música de escena, de 1673. Psyche, probablementea primeira ópera inglesa (ou operetta), sobre un libreto de Thomas Shadwell, de 1675.
Notas
Categoría:Finados en 1677 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Nados en Exeter Categoría:Compositores de Inglaterra Categoría:Compositores de música clásica