Antònia Vicens i Picornell, nada en Santanyí (Illas Baleares) en 1941, é unha escritora española en lingua catalá.Página de la autora en la Associació d'Escriptors en Llengua Catalana .La autora en Qui és qui de les lletres catalanes.

Traxectoria O seu primeiro libro publicado, a recompilación de relatos Banc de fusta, foi premiado na pequena localidade de Cantonigròs en 1965. A súa seguinte novela, 39º a l'ombra, con todo, recibiu un premio destacado, o Sant Jordi de novela en 1967. O universo mallorquino proporcionou a fonte de inspiración principal para estes dous volumes e a obra posterior. En 1977 entrou a formar parte da xunta da Asociación de Escritores en Lingua Catalá (AELC) como vicepresidenta para as Illas Baleares.

Distinguida con diversos premios literarios, o recoñecemento global á súa carreira chegoulle coa Cruz de Sant Jordi en 1999 e a medalla Ramon Llull en 2004, á que renunciou en protesta pola política lingüística do goberno balear.

Os seus libros foron traducidos ao alemán e ao español.

Obra Narrativa breve Banc de fusta (1968) Primera comunió (1980) Tots els contes (2005)

Novela 39º a l'ombra (1968) Material de fulletó (1971) La festa de tots els morts (1974) La Santa (1980) Quilòmetres de tul per a un petit cadàver (1982) Gelat de maduixa (1984) Terra seca (1987) L'àngel de la lluna (infantil, 1997) Massa tímid per lligar (xuvenil, 1998) Febre alta (1998) Lluny del tren (2002) Ungles perfectes (2007)

Memorias Vocabulari privat (1993, xunto con Josep Maria Llompart)

Premios literarios 1967: Sant Jordi de novela por 39º graus a l'ombra 1981: Premio Cidade de Palma de novela por Quilòmetres de tul per a un petit cadàver 2018: Premio Nacional de Poesía porTots els cavalls.

Notas

Categoría:Escritores das Illas Baleares Categoría:Nados en 1941 Categoría:Nados en Mallorca Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Premio Nacional de Poesía de España