Manuel Cabaleiro Goás, nado na Coruña o 6 de xaneiro de 1918 e finado en Santiago de Compostela o 1 de febreiro de 1977,La Voz de Galicia, 2-2-1977, p. 21. foi un psiquiatra e antropólogo galego.
Traxectoria Cursou o bacharelato no Instituto da Coruña. Comezou a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1934, e licenciouse en 1942 tras interromper a súa formación durante a guerra civil española. Na súa mocidade foi militante das Juventudes de Acción Popular (rama xuvenil de Acción Popular), da que chegou a ser responsable de prensa e propaganda en Compostela durante a guerra, destacando como propagandista do bando sublevado na prensa local. Trala disolución desa organización, integrouse na milicia da FET y de las JONS. Formouse en Neuroloxía e Psiquiatría co seu mestre José Pérez López-Villamil no Sanatorio San José de Vigo. Doutorouse en 1953 na Universidade de Madrid coa tese: La Psiquiatría en la Medicina Popular de Galicia, dirixida por Pedro Laín Entralgo.
En 1943 abriu en Ourense con Nicandro Pérez Vázquez un sanatorio psiquiátrico privado. Entre 1954 e 1961 realizou estancias de varios meses en centros psiquiátricos europeos de Francia, Suíza e Alemaña, visitando Sainte-Anne, con Delay, Charenton, con Henri Baruk, Bonneval, con Henri Ey, e o Centro de Tratamento e Readaptación en Neully-Sur-Marne. No verán de 1959 o Patronato Nacional de Asistencia Psiquiátrica (PANAP) inaugura o Hospital Psiquiátrico de Toén que dirixiu Cabaleiro até a súa morte.
Obras Temas Psiquiátricos (1959, 1963).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Psiquiatras de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes