A batalla de Crevola tivo lugar en Crevoladossola, Piemonte, na primavera de 1487 entre o exército da Confederación Suíza (Valais e Lucerna) e tropas do Ducado de Milán, pola supremacía do Val d'Ossola.
Preludio No ano 1487 o Bispo Jost von Silenen, por motivos descoñecidos, entrou en disputa co Conde de Arona que estaba baixo o señorío do Ducado de Milán. O Cabaleiro Albin von Silenen, irmán do Bispo, foi designado como líder desta expedición militar. En canto o Passo del Sempione se tornou transitable, a Confederación Suíza cruzou o Val d'Ossola, onde se lle uniron outros 1 000 soldados suízos que estaban de volta dende Savoia.
Batalla A Confederación Suíza asediou Domo, ocupando o castelo de Mattarella e asolando os vales próximos. O Duque de Milán ordenou que Ossola mantivese a Confederación inactiva mediante unha falsa negociación de paz, ata que o ducado puidese recadar un exército suficientemente grande. En canto o ducado reuiníu as tropas que determinou necesarias, separounas en tres corpos distintos baixo as ordes de Renato Trivulzio, o Conde Borromeo e Gio. Pietro Bergamino. Os suízos atopábanse asolando as vilas de Val Vigezzo cando foron asaltados polas tropas milanesas en tres flancos. A Confederación formou un cadrado de picas dando lugar a un combate no que faleceron entre 800 e 1000 soldados suízos. O resto das tropas suízas fuxiron cara ás montañas.
Resultado O conflito finalizou cando a Confederación Suíza negociou un tratado de paz co Ducado de Milán o 23 de xullo de 1487. Na Ponte di Crevola, realizouse unha oratoria a Vital de Milán en recordo da vitoria.
Notas
Crevola Categoría:1487