miniatura|Dorrón no mapa da xurisdición da Lanzada incluído no Catastro de Ensenada, 1752. San Xoán de Dorrón é unha parroquia que se localiza no extremo oriental do concello pontevedrés de Sanxenxo, lindando xa co de Poio. Ó oeste linda coa parroquia de Bordóns, ó norte do concello de Meaño e ó sur coa Ría de Pontevedra. A parroquia ten unha superficie de 5,6 km2, distribuída en 13 entidades de poboación.

Segundo datos do IGE, tiña 1.341 habitantes no ano 2025, dos que 687 eran mulleres e 654 homes, o que representa un descenso respecto ós anos 2016, cando tiña 1.393 veciños, e 2009, cando eran 1412.

No sur da parroquia atópanse as praias de Agra e a de Pampaído, ámbalas dúas con Bandeira Azul (á segunda concedéronlle o distintivo en 2026).

Patrimonio A igrexa parroquial, construída en 1764 sobre un templo anterior que se supón románico, é de planta rectangular dividida en dous tramos. Un consta de dous arcos que forman bóveda de canón con contrafortes no exterior, e o outro é rectangular e de menor anchura, coa sancristía como engadido.

No frontal exterior, con pináculos nas esquinas, destaca unha espadana de dúas campás.

No seu interior destaca un panel dun baldaquino que foi reaproveitado como lintel da porta de acceso á sancristía, e o retablo barroco da Capela do Carme.

Lugares e parroquias Lugares de Dorrón

Parroquias de Sanxenxo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Sanxenxo

Ligazóns externas Pàxina web do concello de Sanxenxo Igrexa de San Xoán de Dorrón

Categoría:Parroquias de Sanxenxo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán