A dos vombatiformes (Vombatiformes) é unha suborde de mamíferos marsupiais da orde dos diprotodontes.Vombatiformes no WoRMS. Esta suborde comprende tan só dúas familias con especies viventes, a dos fascolárctidos, que inclúe tan só o coala,Phascolarctidae no WoRMS. e a dos vombátidos, que comprende dous xéneros, Lasiorhinus, con dúas especies, e Vombatus, cunha única especie viva, o uombat.Vombatidae no WoRMS.

Entre as familias extintas destaca a dos diprotodóntidos, que inclúe a Diprotodon optatum, o marsupial máis grande que xamais existiu, e que moitos cren que foi a inspiración do bunyip, monstro mariño da mitoloxía dos aborixes australianos.

A suborde dos vombatiformes, cos seus membros estreitamente relacionados e a súa forma corporal compacta, contrasta coas outras dúas subordes dos diprotodontes, a dos macropodiformes, que inclúe, entre outros, aos canguros), e a dos falanxeriformes, que abarca as sarigüeias, os falanxeros e os petauros.

Moitos biólogos cren que o coala e o uombat comparten un antepasado común, do que diverxeron moi recentemente, no cenozoico.

Taxonomía Descrición A suborde foi descrita en 1830 polo botánico e zoólogo británico Gilbert Thomas Burnett.

Etimoloxía O termo Vombatiformes está formado pola raíz do nome do xénero tipo, Vombatus e o segundo elemento do latín científico -iformes, que significa 'en forma de'. Literalmente: 'os que teñan forma de uombat'.

Clasificación Suborde Vombatiformes

Familia †Maradidae Xénero †Marada Familia Phascolarctidae: coala (única especie actual). Xénero †Perikoala Xénero †Madakoala Xénero †Koobor Xénero †Litokoala Xénero †Nimiokoala Xénero Phascolarctos Familia Vombatidae: uombats (tes especies viventes) Xénero †Rhizophascolomus Xénero Vombatus Xénero †Phascolonus Xénero †Warendja Xénero †Ramasayia Xénero Lasiorhinus Familia †Ilariidae Xénero †Kuterintja Xénero †Ilaria Familia †Thylacoleonidae. Xénero †Thylacoleo Xénero †Priscileo Xénero †Wakaleo Superfamilia †Diprotodontoidea. Familia †Palorchestidae. Xénero †Palorchestes Xénero †Propalorchestes Xénero †Ngapakaldia Xénero †Pitikantia Xénero †Alkwertatherium Familia †Diprotodontidae. Xénero †Bematherium Xénero †Pyramios Xénero †Nototherium Xénero †Meniscolophus Xénero †Euryzygoma Xénero †Diprotodon Xénero †Euowenia Xénero †Stenomerus Familia †Zygomaturinae. Xénero †Silvabestius Xénero †Neohelos Xénero †Raemeotherium Xénero †Plaisiodon Xénero †Zygomaturus Xénero †Kolopsis Xénero †Kolopsoides Xénero †Hulitherium Xénero †Maokopia

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. McKenna, Malcolm C.; Bell, Susan K., eds. (1997). Classification of mammals – above the species level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-2311-1012-9. Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing. Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing. Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.

Ligazóns externas Vombatiformes na ADW.

Categoría:Marsupiais