Lasiorhinus krefftii é unha especie de mamífero marsupial da orde dos diprotodontes, suborde dos vombatiformes e familia dos vombátidos,Lasiorhinus krefftii no MSW. unha das dúas que integran na actualidade o xénero Lasiorhinus],Lasiorhinus no MSW. coñecido na bibliografía internacional como uombat de fociño peludo do norte.
É un dos mamíferos máis raros do mundo, e está en perigo crítico de extinción.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1873 polo biólogo inglés Richard Owen en Philos. Trans. R. Soc. London, 162: 178.
Etimoloxía O nome do xénero, Lasiorhinus está formado polos elementos do latín científico lasio-, tirado do grego antigo λάσιος lásios, 'peludo' e -rhinus, derivado do grego antigo ῥίς ῥινός rhís, rhinós, 'nariz'. Literalmente: 'os do nariz peludo'.Lasiorhinus no Webster's Third New International Dictionary of the English Language. ISBN 978-0-8777-9201-7.
En canto ao nome específico, krefftii, é unha homenaxe ao zoólogo e paleontólogo australiano Gerard Krefft (1830–1881).
Subespecies Segundo o Mammal Species of the World, e o Sistema Integrado de Información Taxonómica, na actualidade recoñécense as seguintes tres subespecies:Lasiorhinus krefftii (Owen, 1873) no SIIT. Lasiorhinus krefftii (Owen, 1873) Lasiorhinus krefftii krefftii Owen, 1873 Lasiorhinus krefftii krefftii en MSW Lasiorhinus krefftii gillespiei DeVis, 1900 Lasiorhinus krefftii gillespiei en MSW. Lasiorhinus krefftii barnardi Longman, 1939 Lasiorhinus krefftii barnardi en MSW.
Estado de conservación O uombat de fociño peludo do norte, que antigamente vivía en numerosas rexións áridas e semiáridas de Australia, desde o centro-sur de Nova Gales do Sur até o centro de Queensland, está actualmente restrinxida ao Parque Nacional Epping Forest, onde ten unha área de dispersión dunhas 500 ha.
A súa poboación actual (2016) é de tan só 115 animais, e caera a 30 ou 40 individuos na década de 1980, pero a exclusión do gando en 1982 conducíu a un aumento constante no número de individuos. Os períodos de seca poden reducir grandemente a poboación. Por iso a UICN cualificou o status desta especie como CR (en risco crítico de extinción).Taggart, D.; Martin, R. & Horsup, A. (2008): Lasiorhinus krefftii na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 1 de maio de 2016.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. McKenna, Malcolm C.; Bell, Susan K., eds. (1997). Classification of mammals – above the species level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-2311-1012-9. Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing. Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing. Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.
Outros artigos Marsupiais Australidelfos Diprotodontes Vombatiformes Vombátidos Lasiorhinus
Ligazóns externas Lasiorhinus krefftii (Owen, 1873) no ITIS. Lasiorhinus krefftii na ADW. Con abundante información e bibliografía . Lasiorhinus krefftii na EOL. Con abundante información e bibliografía . Northern hairy-nosed wombat (Lasiorhinus krefftii) en ARKive. Con abundante información, imaxes e bibliografía .
Categoría:Marsupiais Categoría:Fauna de Australia Categoría:Animais descritos en 1873