miniatura|369x369px|Harmodio e Aristoxitón, copia romana da estatua Ateniense de Critio e Nesiotes. Aristoxitón (en grego antigo: Ἀριστογείτων / Aristogeitôn) e Harmodio (en grego antigo: Ἁρμόδιος / Harmodios), finados en -514, foron coñecidos como os Tiranicidas (tiranicidio, do grego τύραννος / tyrannos, "tirano" e o latín -cido "matar"), logo de asasinar a Hiparco de Atenas.

Aristoxitón era un ateniense de clase media. O seu mozo amante, Harmodio, pertencía a unha nobre familia de AtenasTucídides VI,54.. Harmodio, ofendido por Hiparco, un dos Pisistrátidas, que impediu que a súa irmá formase parte das canéforas na procesión das Panateneas, decide acabar cos tiranos coa axuda de Aristoxitón. Non lles resulta difícil, dado o malestar do pobo provocado pola tiranía dos Pisistrátidas, contar con varios cómplices. A idea era a de aproveitar o desfile militar das Panateneas para asasinar a Hipias e HiparcoTucídides VI,56..

O día sinalado, Aristoxitón e Harmodio advertiron que un dos conxurados discutía no Cerámico con Hipias, que se achaba rodeado da súa garda persoal. Crendo que este os traizoara, deciden pospor o atentado e, no seu camiño de retirada, atópanse con Hiparco que ía sen escolta e apuñálano até darlle morte. Cando acudiu a escolta, Harmodio morreu tamén no mesmo lugar, mentres que Aristoxitón escapou nun primeiro momento pero foi apresado despoisTucídides VI,57..

Harmodio e Aristoxitón son considerados como dous heroes e tratados como mártires da liberdade, tras o derrocamento de Hipias, a pesar de que o seu tiranicidio estivese provocado por razóns persoais. Dúas estatuas, esculpidas por Antenor, foron erixidas na súa honra na Ágora. Ambas foron destruídas por Xerxes tras o saqueo de Atenas en -480, e restauradas despois por Alexandre o Grande (ou segundo Pausanias, por Antíoco)Pausanias I,8,5.. Atribúeselles igualmente un lugar nas Illas dos Benaventurados, á beira de Aquiles. Notas

Véxase tamén Outros artigos Critio, escultor grego que xunto a Nesiotes volveu a esculpir o grupo dos Tiranicidas na Ágora de Atenas. Homosexualidade na Antiga Grecia. Canción de Harmodio e Aristoxitón.

Categoría:Finados en -514 Categoría:Asasinos Categoría:Nados en -550 Categoría:Nados en Atenas