A dos caluromiinos (Caluromyinae) é unha subfamilia de mamíferos marsupiais didelfimorfos da familia dos didélfidos,Caluromyinae no MSW. que inclúe catro xéneros, aínda que só tres deles teñen especies vivas, un total de cinco, coñecidas na bibliografía como sarigüeias laúdas.

Unha das características que identifican aos machos das especies desta subfamilia é que teñen dous bulbos uretrais, a diferenza dos da outra suffamilia, a dos didelfinos, que teñen tres.Glironia venusta na ADW.

Desde o punto de vista taxonómico cómpre dicir que, noutro tempo, os xéneros Caluromys e Caluromysiops incluíanse nunha familia independente da dos didélfidos, a dos caluromíidos (Caluromyidae). Por outra parte, Glironia, o terceiro xénero con especies vivas na actualidade formaba por si só a familia dos glironíidos (Glironiidae).Wilson, D. E. e Reeder, D. M., editores, (2005): Caluromyinae en Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-4.

Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1977 polo zoólogo estadounidense John A. W. Kirsch, en Aust. J. Zool., Suppl. ser., 52: 111.

Etimoloxía O nome científico Caluromyinae formouse, como é norma, sobre a base do nome do xénero tipo, neste caso Caluromys, coa adición da desinencia -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.

Pola súa parte, Caluromys, resulta da unión dos elementos do latín científico cal-, derivado do grego antigo καλός kalós, 'fermoso'; -uro, procedente do grego antigo οὐρά ourá, 'cola', e -mys, tirado do grego antigo μῦς mỹs, 'rato'. Literalmente: 'os de cola fermosa'.

Clasificación Segundo a clasificación da subfamilia ofrecida polo MSW, a subfamilia comprende os xéneros, subxéneros e especies seguintes:

Nota: para outras clasificacións, véxanse os artigos Didelfimorfos e Didélfidos.

+Táboa taxonómica: Orde Didelphimorphia - Familia Didelphidae - Subfamilia Caluromyinae Xénero Subxénero Especie Autor Nome vernáculo Estado conservación UICN Caluromys Caluromys philander (Linnaeus, 1758) Sarigüeia laúda de cola espida ou parda Pouco preocupante (LC) Caluromys philander na Lista vermella da UICN. Mallodelphysderbianus (Waterhouse, 1841) Sarigüeia laúda centroamericana Vulnerable (VU) Caluromys derbianus na Lista vermella da UICN.lanatus (Olfers, 1818) Sarigüeia laúda occidental Pouco preocupante (LC) Caluromys lanatus na Lista vermella da UICN. Caluromysiopsirrupta Sanborn, 1951 Sarigüeia laúda de ombros negros ou inca Vulnerable (VU) Caluromysiops irrupta na Lista vermella da UICN. Glironiavenusta Thomas, 1912 Sarigüeia de cola de pincel ou glironia gris Vulnerable (VU) Glironia venusta na Lista vermella da UICN.Nota: todas as consultas na Lista vermella da UICN fixéronse o 19-04-2016, na Versión 2015-4 de dita lista. Pachybiotherium (†)acclinum Ameghino, 1902

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Gould, Edwin; McKay, George & Kirshner, David (1988): Encyclopedia of mammals. San Diego, CA, USA: Academic Press. ISBN 978-0-1229-3670-1. Grzimek, B.; Schlager, N. e Olendorf, D. (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. Kemp, T. S. (2005): The Origin & Evolution of Mammals. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-850761-5. Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9. McKenna, M. C. e Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-231-11013-8. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press, 2 vols. ISBN 978-0-8018-8221-4.

Outros artigos Marsupiais Ameridelfos Didelfimorfos Didélfidos

Ligazóns externas Subfamily Caluromyinae Kirsch and Reig 1977 en Fossilworks. Caluromyinae Kirsch, 1977 no ITIS. Caluromyinae na EOL. Subfamily Caluromyinae Kirsch & Reig, in Kirsch, 1977 en The Taxonomicon.

Categoría:Marsupiais