A gaivota de Audouin (Ichthyaetus audouinii) é unha ave pertencente á familia Laridae.

Características É unha gaivota de tamaño medio cunha lonxitude que chega ata os 52 cm e unha envergadura máxima de 128 cm. O corpo é branco exceptuando as ás agrisadas e a cola negra con pintas brancas. O peteiro é vermello escuro cunha liña negra vertical. As patas son grises con certos matices verdes.

Distribución É unha gaivota que vive estritamente no litoral, frecuentemente en colonias. Non é unha especie moi frecuente, concentrándose os seus efectivos nas illas do Mediterráneo e puntos concretos da costa. Salientar a importante poboación do Delta do Ebro. Tamén é importante a poboación da Comunidade Valenciana, que acolle case 7.000 parellas. Estas repártense fundamentalmente polo porto de Castelló, Lagoas de Torrevieja, porto de Valencia e Illas Columbretes. En Galicia trátase dunha especie excepcional, sendo as observacións históricas estritamente limitadas ó verán e a individuos illadosXIII Anuario das Aves de Galicia 2005, editado pola Sociedade Galega de Ornitoloxía no 2011

Notas

Audouin