San Xoán de Saídres é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 121 habitantes (64 homes e 57 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 145 habitantes.
Historia e patrimonio Ao igual que a veciña parroquia de Fontao (Vila de Cruces), Saídres fíxose famosa a mediados do século XX, coincidindo coa segunda guerra mundial, pola extracción de estaño e volframio. Nas proximidades das minas escavadas para tal extracción, manan unha serie de fontes de augas sulfurosas, con propiedades medicinais.
Desta parroquia son naturais a política do BNG silledense Carmen Fidalgo e a xornalista e escritora Ana Cabaleiro.
Demografía Evolución da poboación:
Lugares e parroquias Lugares de Saídres
Parroquias de Silleda
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Silleda Ligazóns externas Ficha de Saídres na web municipal de turismo
Categoría:Parroquias de Silleda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán