A dos falanxéridosfalanxérido no Gran dicionario Xerais da lingua. Tomo 1. Vigo, Xerais, 2009. ISBN 978-84-9914-071-1. (Phalangeridae) é unha familia de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes e suborde dos falanxeroideos,Phalangeridae en MSW. coñecidos vulgarmente na bibliografía internacional, entre outros nomes, como pósums, falanxeiros e cuscuses.
A dos falanxéridos é a familia que posúe unha maior diversificación de todas as que habitan o continente australiano e as illas próximas. Son os únicos marsupias australianos (xunto con algúns parentes, como o coala) cuxa vida se desenvolve entre as pólas das árbores dos bosques e cuxo réxime alimenticio é basicamente fitófago.Rodríguez de la Fuente, Félix (1970).
Talvez os máis distiguidos membros da familia sexan os pósums, diminutos animais de costumes nocturnos cuxo nome (pósums ou oposums) indica a semellanza coas sarigüeias do continente suramericano. Algo maiores e de máis elevado peso son os falanxeros e os cuscús (xénero Phalanger), de movementos lentos, que recordan aos preguiceiros de Suramérica. Por outra parte, pola súa face, na que destacan uns ollos enormes e saltóns, así como polos seus movementos gabeadores, producen a impresioón de seren estraños simios.
Características Son pequenos marsupiais xeralmente arborícolas de nocturnos e fitófagos. Durante o día permanecen nos seus niños formados nos troncos ocos das árbores, dos que saen a buscar comida durante a noite, endémicos de Australia e Nova Guinea.
Ocupan o mesmo nicho ecolóxico que os primates arborícolas que habitan outros continentes. Aínda que arborícolas, algúns, como Trichosurus vulpecula , poden alimentarse no solo. As especies de cola prénsil, teñen os ollos situados en posicón frontal, e nos aos lados da cabeza.
Clasificación Afamilia foi descrita en 1888 polo zoólogo británico Oldfield Thomas en Cat. Marsup. Monotr. Brit. Mus.: 126, e comprende as subfamilias, tribos, xéneros e especies seguintes:
Familia Phalangeridae Subfamilia Ailuropinae Xénero Ailurops Ailurops melanotis Ailurops ursinus Subfamilia Phalangerinae Tribo Phalangerini Xénero Phalanger Phalanger alexandrae Phalanger carmelitae Phalanger gymnotis Phalanger intercastellanus Phalanger lullulae Phalanger matabiru Phalanger matanim Phalanger mimicus Phalanger orientalis Phalanger ornatus Phalanger rothschildi Phalanger sericeus Phalanger vestitus Xénero Spilocuscus Spilocuscus kraemeri Spilocuscus maculatus Spilocuscus papuensis Spilocuscus rufoniger Tribo Trichosurini Xénero Strigocuscus Strigocuscus celebensis Strigocuscus pelengensis Xénero Trichosurus Trichosurus arnhemensis Trichosurus caninus Trichosurus cunninghami Trichosurus johnstonii Trichosurus vulpecula Xénero Wyulda Wyulda squamicaudata Notas
Véxase tamén
Bibliografía Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Rodríguez de la Fuente, Félix (1970): "Los restantes miembros de una diversificada familia", en Enciclopedia Salvat de la Fauna, Tomo 9, Australia e islas, pp. 71-75. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones. Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing. Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy''. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editores (2005): Phalangeriformes en Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos Marsupiais Australidelfos Diprotodontes Falanxeriformes
Ligazóns externas Phalangeridae Thomas, 1888 no ITIS. Phalangeridae na ADW Con información e bibliografía . Phalangeridae na EOL.
Categoría:Marsupiais