300px CR Ferrol12px|Ferrol 10px|A CoruñaCRAT CD Zalaeta10px|Arteixo Santiago RC12px|Santiago de Compostela 12px|As PontesCR Fendetestas 12px|LalínCR Lalín 12px|LugoMuralla RC 12px|VilagarcíaOs Ingleses RC 12px|VigoVigo RC 12px|PontevedraMareantes RC Pontevedra RC12px|Pontevedra 12px|OurenseOurense RC 12px|OurenseRO Keltia Equipos da LGR1 e LGR2: A edición 2015-2016 da Liga Galega de Rugby contou con 13 equipos participantes repartidos en dúas divisións, a LGR1 e a LGR2. A diferenza coa tempada anterior foi a ausencia do Bierzo RC de Ponferrada que decidiu competir na liga da súa Comunidade Autónoma por mor do aumento no prezo das licenzas para xogar en Galicia. A fase de liga regular da primeira división tivo 14 xornadas, comezando o 8 de novembro de 2015 e rematando o 20 de marzo de 2016. A final disputouse o 9 de abril de 2016 e nela o Ourense Rugby Club acadou por segundo ano seguido o título de campión batendo ó Club de Rugby Ferrol.
Formato da competición Na tempada 2015/16 a LGR1 contou con 7 equipos e a LGR2 con 6:
LGR1 Os Ingleses Ferrol Pontevedra Mareantes Ourense Muralla Lalín
LGR2 Fendetestas Zalaeta Vigo (filial) Santiago Keltia CRAT (filial)
O formato da LGR1 consistiu nunca liga regular de 14 xornadas na que cada equipo se enfrontou ós demais dúas veces, unha vez como local e outra vez como visitante. Xa que o número de equipos foi impar, cada equipo descansou dúas xornadas durante esa fase da competición. Tralo remate da liga regular comezaron as eliminatorias polo título e pola permanencia.
As eliminatorias polo título de campión foron disputadas polos catro primeiros equipos da táboa e consistía en dúas semifinais e unha final, sempre nun único encontro, que se disputou no campo do equipo mellor clasificado. As semifinais enfrontaron ó 1º contra o 4º, e ó 2º contra o 3º.
O campión e o subcampión da liga galega de rugby acadaron o dereito a disputar a fase de ascenso á División de Honra B, a segunda división do rugby nacional.
O ascenso da LGR2 á LGR1 foi do seguinte xeito: o campión da LGR2 ascendía directamente á LGR1. O último clasificado da LGR1 descendía directamente á LGR2. Por outra banda, o penúltimo da LGR1 disputaba unha eliminatoria a ida e volta contra o subcampión da LGR2. O gañador da eliminatoria acadaba unha praza na LGR1, e o perdedor na LGR2.
Competición Na fase de liga regular o dominio pertenceu ó vixente campión, o Ourense Rugby Club, que só perdeu un encontro, seguido de preto polo Club de Rugby Ferrol, que só perdeu dous. Na fase de eliminatorias os dous cumpriron cos prognósticos e xogaron a final, que tivo lugar en Ourense o 9 de abril de 2016. Nela o equipo ourensán adestrado polo ex internacional David Monreal gañou por 42 a 7, acadando deste xeito o seu segundo campionato galego de liga consecutivo, sumando en total o seu terceiro título de liga. LGR1 Táboa da LGR1 2015-2016PosiciónEquipoPuntosEncontrosBonusXogados Gañados Empates Derrotas Ofensivos Defensivos 1Ourense RC541211011002CR Ferrol50121002913Mareantes RCP2612507334Pontevedra RC2512606105Os Ingleses RC2112507106CR Lalín1712309237Muralla RC1412201015
Semifinais:
CR Ferrol 43-7 Mareantes RCP Ourense RC 62-5 Pontevedra RC Final:
Ourense RC 42-7 CR Ferrol
LGR2 Táboa da LGR2 2015-2016PosiciónEquipoPuntosEncontrosBonusXogados Gañados Empates Derrotas Ofensivos Defensivos 1RO Keltia48101000802CR Fendetestas3610703713CD Zalaeta3310703504Santiago RC2010406405CRAT "B"610109116Vigo RC "B"41010911 Semifinais:
RO Keltia 52-15 Santiago RC CR Fendetestas 6-5 CD Zalaeta Final:
RO Keltia 15-5 CR Fendetestas
Promoción CR Lalín 29-14 CR Fendetestas CR Fendetestas 0-35 CR Lalín
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Federación Galega de Rugby Outros artigos
Categoría:Rugby en 2016 Categoría:Liga Galega de Rugby