A Segunda Guerra Fría é un concepto amosado por Joseph Stroupe para describir as relacións internacionais para o dominio das materias primas en todo o planeta Terra. Segundo Stroupe os bandos son os mesmos que na Guerra Fría pero con cambios, xa que desta vez Rusia e a China están aliadas e desapareceu a guerra ideolóxica e apareceron novos actores como o terrorismo islámico e a emerxencia de certos países antes considerados terceiromundistas.300px|miniatura|Mapa de localización das tres superpotencias da hipotética segunda guerra fría: Estados Unidos de América, Rusia e a China.|centro Novos escenarios Oriente Medio: Os movementos das potencias dentro de Oriente medio converxen cara ao dominio do petróleo, o que unido ao sentimento do pobo árabe consegue unha realidade explosiva que unido á inestabilidade dos países da zona provoca estalidos, por un lado a primavera árabe e do outro lado o terrorismo. Europa Oriental: A Unión Europea xunto á OTAN e o escudo antimisís provoca o receo de Rusia, que ve como vai quedando rodeada. Nesta zona estalaron os conflitos de Ucraína e de Osetia do Sur. Península de Corea: As tensións seguen sendo as mesmas que na guerra fría cos mesmos actores e a mesma tensión entre eles. América Latina: Ao igual que na Europa do leste o "patio de atrás" de Norteamérica séguese movendo unha guerra ideolóxica, entre o veciño do norte e os países sureños, sobre todo Venezuela e Cuba. De máis importancia a primeira debido á súa riqueza en gas natural e petróleo. África: Neste eido, tradicionalmente dominado por Francia e Inglaterra, entrou China no seu mercado interno así como na firma de tratados comerciais.

Categoría:Relacións internacionais Categoría:Guerra Fría