Paulino Francisco Novo Folgueira, nado en Meira o 4 de setembro de 1962, é un filólogo galego.

Traxectoria Dende 1985 é licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, e dende 2013 doutor en Filoloxía Galega pola mesma universidade.

Ademais de asesor lingüístico para a CRTVG, tanto na radio coma na televisión, foi director literario de Edicións Lea (1999-2003).

Nos anos 80 disputou tamén algúns rallys, sendo un dos primeiros copilotos de seu curmán Sergio Vallejo, campión de España da especialidade.

Obra 2004. “Os insultos. Unha cala na súa expresividade”, en A lingua galega. Historia e Actualidade: Actas do I Congreso Internacional (ILGA). Ed. Consello da Cultura Galega, Instituto da Lingua Galega. 2003. Narradio. 56 historias no ar, coordinador canda Ana Romaní, Ed. Xerais e Radio Galega, Vigo. 2001. Obradoiro de redacción, coautor con Xosé López, Ed. Consello da Cultura, Santiago de Compostela. 1999. Diccionario de uso para a comunicación, Ed. Xerais, Vigo. 1998. Vocabulario dos deportes, coautor con Salvador Pérez, Ed. Lea, Santiago de Compostela. 1998. Encrucillados, Ed. Lea, Santiago de Compostela. 1993. Vocabulario galego da comunicación, coautor con Francisco Campos e Xosé López, Ed. Lea, Santiago de Compostela. 1988. Vocabulario dos deportes, Ed. Consellería de Educación e Ordenación universitaria, Santiago de Compostela. 1986. Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia, coautor con Henrique Monteagudo, Ed. Consellería de Educación e Cultura, Santiago de Compostela.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor no portal Galegos. Paulino Novo: «O maior impacto do galego na televisión foi "JR" falándoo», entrevista co persoeiro en La Voz de Galicia o 6 de abril de 2015. Perfil de Paulino Novo en ewrc-results.com .

Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Nados en Meira Categoría:Nados en 1962 Categoría:Copilotos de rally de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes