O Velódromo de Ciudad Lineal foi un estadio situado en Madrid, España no que o Real Madrid disputou os seus partidos como local de 1923 a 1924. A principal novidade foi que a súa superficie era de céspede, sendo así o primeiro campo de fútbol en España en ter esa cualidade.Historia de los estadios del Real Madrid, en su página oficial, Realmadrid.com O campo de fútbol atopábase no centro do recinto, ó tratarse dun estadio cuxa función principal non era a de albergar partidos de fútbol.
Como anteriormente, o traslado produciuse para buscar unha maior afluencia de público, e pasouse así dos 5 000 espectadores do antigo campo de O'Donnell ós 8 000 do velódromo.
En 1924, o club trasládase novamente ó seu primeiro grande estadio, o Estadio de Chamartín, tras adquirir uns terreos e levantar neles o que sería o primeiro estadio de fútbol construído exclusivamente para tal efecto.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Historia de los estadios del Real Madrid
Categoría:Estadios de fútbol da Comunidade de Madrid Categoría:Real Madrid Club de Fútbol