America é un grupo musical de rock formado en Inglaterra en 1970 polos artistas Dewey Bunnell, Dan Peek e Gerry Beckley. O trío coñeceuse por seren fillos de militares estadounidenses das forzas aéreas asentados en Londres, onde comezaron as súas actuacións en vivo. America acadou unha gran popularidade na década de 1970, e eran coñecidos polas súas harmonías vocais e o seu son folk acústico e lixeiro.

miniatura|280px|America nunha actuación de 1972. O grupo xurdiu pouco despois da gradución dos seus membros no instituto, e axiña asinaron co selo Warner Bros. Records. O seu primeiro álbum, 1America, produciu os seus primeiros éxitos "A Horse with No Name" e "I Need You"; Homecoming (1972) produciu o sinxelo "Ventura Highway" e Hat Trick (1973), tivo un éxito máis modesto nas listas e produciu un éxito menor, "Muskrat Love".

Membros do grupo Actuais membros Gerry Beckley – líder e voz, teclado, guitarra, baixo e harmónica (1970–presente) Dewey Bunnell – líder e voz, guitarra e percusión (1970–presente)

Antigos membros Dan Peek – líder e voz, guitarra, baixo, teclado e harmónica (1970–1977; finado en 2011)

Actuais músicos de xiras Richard Campbell – baixo, voz (2003–presente) Ryland Steen - batería, percusión (2014–presente) Bill Worrell – guitarra, banjo, teclado, coros (2014–presente)

Antigos músicos de xiras David Dickey – baixo, coros (1972–1980) David Atwood – batería, percusión (1972–1973) Willie Leacox – batería, percusión (1973–2014) Calvin "Fuzzy" Samuels – baixo (1975; substitute for Dickey) Jim Calire – teclado, saxofón (1976–1979) Tom Walsh – percusión (1976–1979) Michael Woods – guitarra, teclado, coros (1977–2014) Bryan Garofalo – baixo (1980–1981) Bradley Palmer – baixo, coros (1981–2003) Trent Stroh – baixo, coros (2003) Chas Frichtell – baixo, coros (2003)

Discografía

America (1971) Homecoming (1972) Hat Trick (1973) Holiday (1974) Hearts (1975) History: America's Greatest Hits (1975) Hideaway (1976) Harbor (1977) America Live (1977) Silent Letter (1979) Alibi (1980) View from the Ground (1982) Your Move (1983) Perspective (1984) In Concert (1985) Encore: More Greatest Hits (1991)

Hourglass (1994) In Concert (1995) Horse with No Name (1995) Human Nature (1998) Highway (2000) The Complete Greatest Hits (2001), Holiday Harmony (2002) The Grand Cayman Concert (2002) America & Friends Live at the Ventura Theatre (2006) Here & Now (2007) Live In Concert: Wildwood Springs (2008) Hits: 40th Anniversary Edition (2011) Back Pages (2011) Lost & Found (2015) The Warner Years 1971-1977 (2015), 8-CD box set Archives, Vol. 1 (2015)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais formados en 1970 Categoría:Artistas de Capitol Records Categoría:Artistas de Warner Bros. Records