A mosca (en ) é un filme estadounidense de ciencia ficción e terror dirixido e coescrito por David Cronenberg que se estreou en 1986. Foi producido por Brooksfilms e distribuído por 20th Century Fox, e está protagonizado por Jeff Goldblum, Geena Davis e John Getz. Está vagamente baseado na historia curta de George Langelaan, e conta a historia dun excéntrico inventor, que despois dun experimento errado, comeza a converterse paseniño nunha criatura híbrida cunha mosca. A banda sonora foi composta por Howard Shore e os efectos de maquillaxe son obra de Chris Walas, xunto co artista Stephan Dupuis.
O filme foi estreado o 15 de agosto de 1986, e tivo unha grande acollida de público e audiencia, que louvaron os efectos especiais e a interpretación de Goldblum. Recadou $40,4 millóns nos cines cun orzamento de $9 millóns, converténdose no meirande éxito comercial da carreira de Cronenberg. O traballo de Walas e Dupuis valeulles un Oscar á mellor maquillaxe na 59ª edición dos Oscar, o único filme dirixido por Cronenberg en gañar un Oscar. A súa secuela, dirixida por Walas, foi estreada en 1989.
Personaxes Jeff Goldblum como Seth Brundle Geena Davis como Veronica "Ronnie" Quaife John Getz como Stathis Borans Joy Boushel como Tawny Leslie Carlson como Dr. Brent Cheevers George Chuvalo como Marky David Cronenberg como xinecólogo
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1986 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por David Cronenberg Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de Brooksfilms Categoría:Filmes rodados en Toronto Categoría:Filmes de terror con animais Categoría:Filmes de científicos tolos Categoría:Filmes sobre insectos Categoría:Filmes de monstros Categoría:Filmes de 1986 con versión en galego