O Gran Premio de Europa 2016 (oficialmente 2016 Formula One Grand Prix of Europe) foi a oitava carreira da tempada . Celebrouse o 19 de xuño de 2016 no Circuíto urbano de Bakú en Bakú, Azerbaidján. Foi o vixésimo terceiro Gran Premio de Europa como unha rolda do Campionato Mundial de fórmula 1. foi a primeira vez que a carreira se celebrou no circuíto e a primeira vez que un Gran Premio se celebrou en Azerbaidján.

Informe

Antecedentes

Preparativos A raíz da carreira de 2012, o Gran Premio de Europa en Valencia cesou. Co Gran Premio de Corea cubrindo o incumprimento de contrato, Bernie Ecclestone titular dos dereitos comerciais do deporte, buscou unha carreira para substituílo, Logo de explorar a posibilidade de revivir o Gran Premio de Europa en , a carreira incluíuse no calendario de .

Pneumáticos

Logo de proporcionar aos equipos o composto ultrabrando para Mónaco e Canadá, o fornecedor de pneumáticos Pirelli trouxo os compostos superbrando, brando e medio para a carreira, a pesar de que o composto ultrabrando está deseñado especificamente para circuítos urbanos. Pirelli explicou a decisión de non proporcionar os pneumáticos ultrabrandos como consecuencia da falta de datos de rendemento dispoñibles no circuíto. Pirelli fixo previamente unha elección de pneumáticos conservadora similar para as primeiras carreiras noutros circuítos.

Carreiras de apoio

O circuíto tamén será sede da terceira rolda do campionato das GP2 Series de 2016 como unha carreira de apoio.

Controversia

Tralo anuncio inicial da súa reactivación, a carreira foi obxecto de críticas pola falta de dereitos humanos en Azerbaidján, xa que a carreira se estableceu co apoio financeiro do goberno de Azerbaidján, as mesmas críticas que se fixeron na preparación para o Gran Premio de Rusia de 2014 que tamén se estableceu co apoio do goberno e polas acusacións da participación rusa no derrubamento do Voo 17 de Malaysia Airlines sobre Ucraína. En resposta, os directores de equipo de Red Bull Racing e Mercedes, Christian Horner e Toto Wolff trataron de distanciar o deporte das cuestións políticas.

A carreira, programada para o 19 de xuño, coincidía coa conclusión da 24 Horas de Le Mans de 2016. O piloto de Force India Nico Hülkenberg, que gañou a carreira de 2015 con Porsche, non podería volver e defender o seu título, polo que acusou a Fórmula One Management de programar deliberadamente a carreira en conflito con Le Mans e impedir participar aos pilotos de Fórmula Un.

Clasificacións

Cualificación Pos. Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella 1 6Mercedes 1:43.685 1:42.520 1:42.758 1 2 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:44.462 1:43.939 1:43.515 7Sergio Pérez recibiu unha penalización de cinco posicións na grella de saída por cambiar a caixa de cambios. 3 3 Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer 1:44.570 1:44.141 1:43.966 2 4 5 Sebastian Vettel Ferrari 1:45.062 1:44.461 1:43.966 3 5 7 Kimi Räikkönen Ferrari 1:44.936 1:44.533 1:44.269 4 6 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1:45.494 1:44.696 1:44.483 5 7 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Ferrari 1:44.694 1:44.687 1:44.717 6 8 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:44.706 1.44.477 1.45.256 8 9 33 Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer 1:44.939 1:44.387 1:45.570 9 10 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:44.259 1:43.526 2:01.954 10 11 8 Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:45.507 1:44.755 11 12 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:44.860 1:44.824 12 13 55 Carlos Sainz Toro Rosso-Ferrari 1:44.827 1:45.000 13 14 14 Fernando Alonso McLaren-Honda 1:45.525 1:45.270 14 15 21 Esteban Gutiérrez Haas-Ferrari 1:45.300 1:45.349 15 16 12 Felipe Nasr Sauber-Ferrari 1:45.549 1:46.048 16 17 88 Rio Haryanto Manor-Mercedes 1:45.665 17 18 94 Pascal Wehrlein Manor-Mercedes 1:45.750 18 19 22 Jenson Button McLaren-Honda 1:45.804 19 20 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1.46.231 20 21 20 Kevin Magnussen Renault 1:46.348 21 22 30 Jolyon Palmer Renault 1:46.394 22107% tempo: 1:50.942Fonte:

Carreira

Pos. Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Pts. 1 6 Nico Rosberg Mercedes 51 1:32:52.366 1 25 2 5 Sebastian Vettel Ferrari 51 +16.696 3 18 3 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 51 +25.241 7 15 4 7 Kimi Räikkönen Ferrari 51 +38.102 4 12 5 44 Lewis Hamilton Mercedes 51 +56.335 10 10 6 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 51 +1.00.886 8 8 7 3 Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 51 +1:09.229 2 6 8 33 Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 51 +1.10.696 9 4 9 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 51 +1.17.708 12 2 10 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 51 +1.25.375 5 1 11 22 Jenson Button McLaren-Honda 51 +1.44.817 19 12 12 Felipe Nasr Sauber-Ferrari 50 +1 volta 15 13 8 Romain Grosjean Haas-Ferrari 50 +1 volta 11 14 20 Kevin Magnussen Renault 50 +1 volta 22 15 30 Jolyon Palmer Renault 50 +1 volta 21 16 21 Esteban Gutiérrez Haas-Ferrari 50 +1 volta 14 17 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 50 +1 volta 20 18 88 Rio Haryanto MRT-Mercedes 49 +2 voltas 16 Ret 14 Fernando Alonso McLaren-Honda 42 Gearbox 13 Ret 94 Pascal Wehrlein MRT-Mercedes 39 Freos 17 Ret 55 Carlos Sainz Toro Rosso-Ferrari 31 Suspensión 18 Ret 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Ferrari 6 Suspensión 6 Fonte:

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos.PilotoPuntos10px1 Nico Rosberg14110px2 Lewis Hamilton11710px3 Sebastian Vettel9610px 14 Kimi Räikkönen8110px 1578

Clasificación do campionato de construtores Pos.ConstrutorPuntos10px1 Mercedes258 10px2 Ferrari17710px3 Red Bull-TAG Heuer140 10px490 10px 5 Force India-Mercedes 59

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Europa Categoría:Gran Premio de Europa de Fórmula 1