dereita|miniatura|250x250px|Os buratos na cabeza dunha semente do loto son supostamente causantes de ansiedade nalgunhas persoas. A tripofobia (do , , "burato" e , , “medo”) é unha fobia proposta ós padróns irregulares ou conxuntos de pequenos buratos ou vultos. O termo ten a súa orixe máis probable nunha mensaxe de 2005 dun foro de Internet.

O termo Tripofobia non está recollido como diagnose no Diagnostic and Statistical Manual (5ª ed) (DSM-5) da American Psychological Association e úsase en moi poucas ocasións na literatura científica, segundo Jennifer Abbasi de Popular Science.

Arnold Wilkins e Geoff Cole da Universidade de Essex foron os primeiros científicos en publicar sobre este fenómeno. Segundo eles a reacción está baseada nunha revulsión biolóxica, no lugar de ser un medo cultural adquirido. Nun artigo de 2013 da revista Psychological Science, Wilkins e Cole escribiron que a reacción baséase nunha resposta do cerebro que asocia as formas co perigo.

Notas

Categoría:Fobias