miniatura|215px|Área de dispersión de B. parvus, única especie vivente do xénero. Burramys é un xénero de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeroideos, o tipo da familia dos burramíidos,Burramys en MSW.Burramys Broom, 1898 no ITIS. que comprende os pósums pigmeos pou falaxeros pigmeos.

O xénero está representado por unha soa especie vivente, que habita por riba dos 1 400 m de altitude nas montañas do leste de Australia e o sur de Nova Gales do Sur,Burramys parvus en MSW. aínda que se coñecen tres especies fósiles. É un dos dous xéneros de pósums pigmeos; o outro é Certartetus.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1898 polo médico e paleontólogo australiano de orixe escocesa Robert Broom, en Proc. Linn. Soc. N.S.W., 10: 564.

Clasificación Na actualidade o xénero e monoespecífico:

Xénero Burramys Broom, 1896 Burramys parvus Broom, 1896 Burramys parvus Broom, 1896 no ITIS.

Porén, coñécense tres especies fósiles:Burramys en Wikispecies. † Burramys wakefieldi † Burramys tridactylus † Burramys brutyi

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Recensión por Frederick S. Szalay no Journal of Vertebrate Paleontology. Vol. 19, Nº 1 (Mar. 15, 1999), pp. 191–195. Novak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World, 6th edition. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press. Turnbull, W. D.; T. H. V. Rich & E. L. Lundelius, Jr. (1987): "Burramydis (Marsupialia: Burramyidae) of the Early Pliocene Hamilton local fauna, southwestern Australia". Possums and Opossums: Studies in Evolution 2: 729-739. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing. Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editores (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Marsupiais Australidelfos Diprotodontes Falanxeriformes Falanxéridos Falanxeroideos

Categoría:Marsupiais Categoría:Fauna de Australia