A señorita Else (en ) é unha novela do escritor vienés Arthur Schnitzler, publicada en 1924.
Foi traducida ao galego por Rosa Marta Gómez Pato e publicada pola editorial Hugin e Munin en 2016.
Características Foi publicada en 1924. Tivo grande éxito comercial e foi adaptado en máis dunha ocasión ao cinema, por exemplo na película alemá de cine mudo Fräulein Else (1929), así como a arxentina El ángel desnudo (1946) e, xa no século XX, Fräulein Else (2014).
Para a escrita desta novela curta, o autor emprega a técnica do monólogo interior; Else, a moza protagonista, é a que leva o peso da historia, ben sexa a través de diálogos ou de matinacións. Este feito tamén esta presente noutra importante obra de Schnitzler, Lieutenant Gustl.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Kohl, Katrin Maria and Robertson, Ritchie. A History of Austrian Literature 1918–2000. Camden House, 2006.
Ligazóns externas Texto orixinal en alemán
Categoría:Obras literarias de 1924 Categoría:Obras literarias en alemán Categoría:Obras traducidas do alemán ao galego