Álex Rins Navarro, nado en Barcelona o 8 de decembro de 1995, é un piloto de motociclismo español que corre na categoría de Moto2.
Traxectoria Moto 3 Álex Rins iniciouse en Moto3 no ano 2012 da man do equipo Estrella Galicia 0,0. Na súa segunda carreira conseguiu a súa primeira pole position, concretamente no Gran Premio de España. O seu primeiro podio acadouno dous grandes premios máis tarde, no Gran Premio de Francia, cun terceiro posto. Aínda que non acabou máis carreiras no podio, a súa regularidade fixo que acabara o campionato na quinta posición.
En 2013 continuou correndo co equipo Estrella Galicia 0,0, con Àlex Márquez como compañeiro. Nesa tempada gañou 6 grandes premios e conseguiu 14 podios, estando na loita polo título durante todo o campionato. Terminou en segunda posición por detrás de Maverick Viñales.
En 2014 mantívose no equipo Estrella Galicia. Nese campionato gañou 2 grandes premios e conseguiu 8 podios, acabando a tempada na terceira posición.
Moto 2 Na tempada 2015 debuta nunha categoría superior, Moto2, formando parte do equipo Pons Racing. Na segunda carreira acabou en segunda posición, o primeiro dos seus 10 podios durante a tempada, entre eles unha vitoria en Indianápolis. Acabou o campionato en segunda posición.
Historial TempadaCategoríaMotoCarreirasVitoriasPodiosPolesVoltasrápidasPuntos Posición 2012 Moto3 Suter Honda 17 0 1 1 1 141 5º 2013 Moto3 KTM 17 6 14 8 1 311 2º 2014 Moto3 Honda 18 2 8 4 3 237 3º 2015 Moto2 Kalex 18 2 10 3 4 234 2º 2016 Moto2 Kalex 18 2 7 1 3 214 3º 2023 MotoGP Honda 5 1 1 0 1 47* 11º* Total 192 18 58 17 19 2028
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Pilotos de Moto3 Categoría:Pilotos de Moto2 Categoría:Pilotos de motociclismo de Cataluña Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1995