A praia de Canido ou areal do Canto da AreaNome alternativo na Web do Concello de Vigo, é un pequeno areal vigués, no lugar do mesmo nome da parroquia de San Miguel de Oia, situado entre a praia do Vao e cabo Estai). É, xunto coa de Fuchiños, unha das dúas praias da parroquia. Esta praia ten 270 m de lonxitude e uns 40 m de largo. Vai exactamente dende o Eido de Mirambell (onde se atopa o sitio arqueolóxico e a ponte de Toralla) e o porto pesqueiro e deportivo de Canido (onde se atopa unha urbanización de casas acaroadas e o Club Marítimo de Canido).
Ten unha area branca fina e augas claras con pouca resaca. Goza de bandeira azul e ten unha boa vista ás Illas Cíes.
Servizos A mediados do século XX construíuse o paseo marítimo, que limitou a largura da praia, hoxe formado por medias lúas que entran no areal, con bancos e plátanos para dar sombra e dúas ramplas de pedra nos extremos e unhas escaleiras no centro para dar acceso á area. O areal conta ademais cun pequeno aparcadoiro, teléfonos, dúas duchas e unha fonte.
É de salientar que encol da praia atópanse diversos locais de restauración, como taperías, restaurantes de peixe e marisco e tabernas, populares entre os vigueses.
Lugares de interese Preto da praia de Canido atópanse os seguintes lugares: A Vila romana de Toralla, sitio arqueolóxico museizado que se atopa ao comezo do lugar de Canido, na punta de Toralla (Eido de Mirambell). A illa de Toralla que comunica con Canido a través dunha ponte, onde se atopaba parte do castro de Toralla.
Acceso Para chegar até Canido hai varias liñas de transporte urbano (Vitrasa: L10 e L11. Conta tamén con parada da liña ATSA, que comunica o centro de Vigo con Baiona, pasando por parroquias do municipio de Nigrán.
Véxase tamén Outros artigos Canido, San Miguel de Oia, Vigo Catálogo de bens de valor cultural no litoral
Ligazóns externas Web do Concello de Vigo
Canido