A tempada 2008-2009 da División de Honra B foi a undécima edición da segunda división da liga de rugby de España, categoría creada en 1998 pola Federación Española de Rugby. Formato de competición Nesta edición o número de participantes mantívose en dezaseis, e o formato de competición non tivo trocos. O torneo contou con dous grupos de oito equipos cada un. O "Grupo 1" estivo formado por oito equipos da metade norte de España, mentres que o "Grupo 2" estivo formado por oito equipos da metade sur de España e Madrid.
Cada grupo funcionou como unha competición independente cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o dereito a disputar unha fase de ascenso á División de Honra cos dous primeiros equipos do outro grupo na que o campión acadou o ascenso directo e o finalista xogou a promoción contra o penúltimo equipo da máxima categoría. Por outra banda, os dous últimos tiveron unha eliminatoria de promoción pola permanencia entre si e os perdedores outra contra equipos da Primeira Nacional.
A liga regular contou con 14 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival do seu grupo, unha vez como local e outra como visitante, usando o seguinte sistema de puntuación: catro puntos por vitoria, dous por empate, e puntos "bonus" adicionais no caso de anotar catro ensaios ou máis e no caso de perder por sete puntos ou menos.
Fase de liga regular Grupo 1 PostoEquipoPuntosPXPGPEPPPFPCB 1º. Gernika R.T.65 14 14 0 0 616 187 9 2º. Hernani C.R.E. 52 14 10 0 4 380 196 12 3º. Vigo R.C. 45 14 10 0 4 306 194 5 4º. B.U.C. 35 14 7 0 7 342 324 7 5º. Durango R.T. 30 14 6 0 8 260 252 6 6º. Oviedo R.C. 27 14 5 0 9 316 421 7 7º. C.A. San Sebastián 15 14 2 0 12 221 443 7 8º. Belenos R.C. 8 14 2 0 12 158 582 0 Grupo 2 PostoEquipoPuntosPXPGPEPPPFPCB 1º. C.R.A. Portuense53 14 12 0 2 282 198 5 2º. C. Alcobendas R. 51 14 11 1 2 297 142 5 3º. Jaén R.C. 34 14 6 0 8 259 261 10 4º. Helvetia Rugby 32 14 6 0 8 249 281 8 5º. C.R. Liceo Francés31 14 6 1 7 243 264 5 6º. C.R. Cisneros 30 14 6 0 8 231 254 6 7º. C.A.U. Valencia 22 14 4 0 10 206 283 6 8º. C.D.U. Málaga 18 14 4 0 10 214 298 2
Posicións de promoción de ascenso (1º e 2º). Posición de promoción de permanencia (7º e 8º).
PX - Partidos xogadosPG - Partidos gañadosPE - Partidos empatadosPP - Partidos perdidos
PF - Puntos a favorPC - Puntos en contraB - Puntos bonus
Fase de ascenso SemifinaisFinal '''C.R.A. Portuense '''14 '''32 Hernani C.R.E. '''17 '''22 C.R.A. Portuense'''10 '''Gernika R.T.'''37 '''Gernika R.T. '''20 '''18 C. Alcobendas R. '''20 '''13 O campión da categoría foi o Gernika Rugby Taldea, que acadou o ascenso directo á División de Honra. O finalista At.Portuense caeu na promoción contra o Les Abelles nos dous encontros de ida (20-24) e volta (8-0), de xeito que o equipo valenciano acadou a permanencia. Véxase tamén Ligazóns externas Resultados das competicións nacionais 2008-2009 Outros artigos División de Honra de Rugby 2008-2009
Categoría:División de Honra B de Rugby Categoría:Rugby en 2008 Categoría:Rugby en 2009