A tempada 2011-2012 da División de Honra B foi a décimo cuarta edición da segunda división da liga de rugby de España, categoría creada en 1998 pola Federación Española de Rugby. Formato de competición Nesta edición o número de participantes mantívose en dezaseis, e o formato de competición tivo un troco salientable. O torneo contou con dous grupos de oito equipos cada un. O "Grupo 1" estivo formado por oito equipos da metade norte de España, mentres que o "Grupo 2" estivo formado por oito equipos da metade sur de España, cos equipos de Madrid repartidos entre os dous grupos.

Cada grupo funcionou como unha competición independente durante a fase de liga regular, trala cal os equipos dos dous grupos se cruzaron para definir as posicións finais. Os dous primeiros equipos de cada grupo se enfrontaron entre si para definir os postos do un ó catro. Os dous seguintes equipos de cada grupo se enfrontaron entre si para definir os postos do cinco ó oito. Os dos seguintes equipos de cada grupo se enfrontaron entre si para definir os postos do nove ó doce. Os dous peores equipos de cada grupo se enfrontaron entre si para definir os postos do trece ó dezaseis.

Os equipos que remataron a segunda fase nos dous primeiros postos do torneo acadaron o ascenso directo á División de Honra, mentres que o terceiro tivo que disputar unha eliminatoria de promoción para tentar ascender. Por outra banda, os dous últimos tiveron unha eliminatoria de promoción pola permanencia contra equipos da Primeira Nacional.

A liga regular contou con 14 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival do seu grupo, unha vez como local e outra como visitante, usando o seguinte sistema de puntuación: catro puntos por vitoria, dous por empate, e puntos "bonus" adicionais no caso de anotar catro ensaios ou máis e no caso de perder por sete puntos ou menos.

Fase de liga regular Grupo 1 PostoEquipoPuntosPXPGPEPPPFPCB 1º. Hernani C.R.E.69 14 14 0 0 449 138 13 2º. Bera Bera R.T. 54 14 11 0 3 417 245 10 3º. Oviedo R.C. 36 14 7 0 7 379 313 8 4º. Independiente R.C. 28 14 6 0 8 274 412 4 5º. C.D. Hercesa 28 14 5 0 9 335 393 8 6º. F.C. Barcelona 27 14 5 0 9 225 321 7 7º. R.C. L'Hospitalet 25 14 5 0 9 218 304 5 8º. Durango R.T. 16 14 3 0 11 218 389 4 Grupo 2 PostoEquipoPuntosPXPGPEPPPFPCB 1º. C.R.C. Pozuelo63 14 13 0 1 524 121 11 2º. C.R. Cisneros 55 14 11 0 3 506 181 11 3º. C.R. Liceo Francés40 14 7 1 6 387 278 10 4º. C.R. Les Abelles 37 14 8 0 6 257 290 5 5º. C.A.U. Valencia33 14 7 0 7 264 340 5 6º. C.R.A. Portuense 29 14 6 0 8 238 351 5 7º. C.D. Arquitectura15 14 2 1 11 205 401 5 8º. Helvetia Rugby 7 14 1 0 13 148 567 3

Eliminatorias polo 1º ó 4º posto (1º e 2º). Eliminatorias polo 5º ó 8º posto (3º e 4º). Eliminatorias polo 9º ó 12º posto (5º e 6º). Eliminatorias polo 13º ó 16º posto (7º e 8º).

PX - Partidos xogadosPG - Partidos gañadosPE - Partidos empatadosPP - Partidos perdidos

PF - Puntos a favorPC - Puntos en contraB - Puntos bonus

Fase de eliminatorias Do 1º ó 4º posto  SemifinaisFinal    '''C.R.C. Pozuelo  '''27  '''15    Bera Bera R.T.  '''23  '''16        C.R.C. Pozuelo '''21    '''C.R. Cisneros '''32 3º e 4º posto     Hernani C.R.E.  '''16  '''13   Bera Bera R.T. '''20  '''18   '''C.R. Cisneros  '''23  '''7    '''Hernani C.R.E. '''35 '''18 O campión da categoría foi o C.R. Cisneros, que acadou o ascenso directo ó igual que o equipo finalista C.R.C. Pozuelo. O terceiro clasificado Hernani C.R.E. disputou a promoción contra o C. Alcobendas R. acadando o equipo vasco o ascenso despois de gañar na ida como local por 19-18 e na volta como visitante por 6-8. Do 5º ó 8º posto  Semifinais5º e 6º posto    '''C.R. Liceo Francés  '''18  '''33    Independiente R.C.  '''24  '''17        '''C.R. Liceo Francés '''17 '''33    Oviedo R.C. '''34 '''3 7º e 8º posto     C.R. Les Abelles  '''14   -   Independiente R.C. '''22   '''Oviedo R.C.  '''20   -     '''C.R. Les Abelles '''33 Do 9º ó 12º posto  Semifinais9º e 10º posto    '''C.A.U. Valencia  '''39  '''36    F.C. Barcelona  '''15  '''12        '''C.A.U. Valencia '''42    C.D. Hercesa '''33 11º e 12º posto     C.D. Hercesa  '''17  '''39   F.C. Barcelona '''12   '''C.R.A. Portuense  '''36  '''10    '''C.R.A. Portuense '''31 Do 13º ó 16º posto  Semifinais13º e 14º posto    '''C.D. Arquitectura  '''19  '''52    Durango R.T.  '''15  '''20        C.D. Arquitectura '''22    '''Helvetia Rugby '''27 15º e 16º posto     R.C. L'Hospitalet  '''9  '''20   Durango R.T. '''7   '''Helvetia Rugby  '''20  '''10    '''R.C. L'Hospitalet '''22 Durango e L'Hospitalet, como últimos clasificados, tiveron que disputar a promoción pola permanencia fronte a dous equipos da Primeira Nacional, o Belenos asturiano e o Zarautz vasco, vencendo tódolos encontros, de xeito que os dous acadaron a permanencia e ningún equipo perdeu a categoría. Véxase tamén Ligazóns externas Resultados das competicións nacionais 2011-2012 Outros artigos División de Honra de Rugby 2011-2012 Liga Galega de Rugby 2011-12

Categoría:División de Honra B de Rugby Categoría:Rugby en 2011 Categoría:Rugby en 2012