A gaivota de Sabine ou gaivota gallada (Larus sabini ou Xema sabini)Snow, D. W. & Perrins, C. M. (1998). The Birds of the Western Palearctic Concise Edition. OUP ISBN 0-19-854099-X.Hagemeijer, W. J. M., & Blair, M. J., eds. (1997). The EBCC Atlas of European Breeding Birds. Poyser, Londres ISBN 0-85661-091-7. é unha ave pertencente á familia dos láridos.

Características Ave pequena, cun debuxo dorsal moi contrastado. Mesturando tons grises, negros e brancos. Cabeza, patas e peteiro negros. Este último mostra o extremo amarelo.

Taxonomía Algúns autores manteñen esta especie dentro do xénero Larus co nome L. sabini.Snow, D.W.; Perrins, C.M., eds. (1998). The Birds of the Western Palearctic (Concise ed.). ISBN 978-0198540991.Hagemeijer, W.J.M.; Blair, M.J., eds. (1997). The EBCC Atlas of European Breeding Birds. London: Poyser. ISBN 0-85661-091-7. Outros prefiren crear un xénero propio monoespecífico para ela, o xénero Xema.del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J., eds. (1998). Handbook of the Birds of the World. 3. Barcelona: Lynx Edicions. p. 621. ISBN 84-87334-20-2. Os estudos do ADN mitocondrial indican que o seu parente máis próximo é a gaivota do Ártico Pagophila eburnea (antes Larus eburneus), da que, non obstante, se separou hai uns dous millóns de anos, moito antes que o resto das gaivotas, o que xustificaría clasificala nun xénero propio.Day, Robert H.; Stenhouse, Ian J.; Gilchrist, H. Grant (2001). "Sabine's Gull (Xema sabini)". The Birds of North America Online. Ithaca: Cornell Lab of Ornithology. doi:10.2173/bna.593. Retrieved 6 January 2011.

Distribución Cría no Ártico, tanto en Siberia coma en Alasca, as costa setentrionais do Canadá e Groenlandia. Numerosos individuos do nordeste de América e Groenlandia, despois de criar, migran a partir de agosto. A zona de invernada sitúase en Namibia e Suráfrica. En Europa as observacións destes individuos migradores son habituais, e concéntranse na costa atlántica e sobre todo nos meses de outono e inverno. En anos de temporais, as citas son máis frecuentes. Aínda así considérase unha especie rara.

En Galicia pódese observar dende setembro ata novembro. Máis común na costa cantábrica e ocasional en puntos illados da costa de Pontevedra.

Notas

Sabine