Aquiminzaque (en ) foi o cuarto e derradeiro zaque de Hunza, que hoxe é a cidade colombiana de Tunja. Foi o gobernante da parte norte da confederación muisca cando os conquistadores españois chegaron ás terras altas de Colombia. A súa contraparte zipa na área sur da Confederación muisca foi Zaquesazipa.
dereita|miniatura|260px|Mapa do territorio muisca. O goberno do zaque en amarelo.
Biografía Aquiminzaque era o sobriño do seu predecesor, Quemuenchatocha. O reinado de Aquiminzaque comezou o 2 de agosto de 1537, cando Quemuenchatocha foi feito prisioneiro en Suesca polos invasores casteláns.Muisca history - Banco da República de Colombia
Hábil líder dende os seus dous primeiros anos de mando, o seu goberno foi interrompido polos avatares dos conquistadores españois no seu territorio. Nun principio, mantivo colaboración con estes e mesmo se converteu ó catolicismo, mais ó decatarse das esixencias dos conquistadores fronte ó pobo muisca, non tardou en amosar a súa inconformidade e rebelión. Foi executado por Hernán Pérez de Quesada mediante decapitación pública en Hunza. Public execution of Aquiminzaque in Tunja - Universidade Distrital Francisco José de Caldas A execución, que era un castigo exemplar para o pobo muisca, continuou coa execucións doutros caciques de Toca, Motavita, Samacá, Turmequé e Sutamarchán.
Coa súa morte chegaría a súa fin a Confederación muisca.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Gobernantes muiscas Conquista española das nacións chibchas
Bibliografía José Antonio de Plaza (1809-1854). Compendio da historia da Nova Granada dende antes do seu descubrimento até o 17 de novembro de 1831. Bogotá: Imp. del Neogranadino, 1850.
Categoría:Gobernantes muiscas Categoría:Historia de Colombia Categoría:Finados en 1540