O Congreso de París é unha pintura ó óleo realizada en 1856 polo pintor francés Édouard Dubufe. Está exposta no Palacio de Versalles. A pintura mostra unha das reunións que tiveron lugar en París entre o 25 de febreiro e 30 de marzo de 1856 para asinar a paz da Guerra de Crimea.
Historia dereita|300px
Entre outubro de 1853 e febreiro de 1856 tivo lugar a Guerra de Crimea que enfrontou a alianza formada polo Imperio Británico, o Segundo Imperio Francés, o Imperio Otomán e o Reino de Sardeña contra o Imperio Ruso para frear a expansión destes, así coma a súa influencia nos Balcáns. Tras varias batallas célebres, como o sitio de Sebastopol, a batalla de Balaclava ou a batalla de Inkerman e constatada a derrota dos rusos, as potencias vencedoras reuníronse en París para asinar o tratado que poñía fin ao conflito.
Descrición do cadro O cadro mide 380 cm x 510 cm. A pintura mostra aos ministros plenipotenciarios dos países relacionados coa guerra, así como o de Prusia, que aínda que non participou, foi convidado a participar nas conversas..
Os personaxes que aparecen representados no cadro son: Primeira fila (dereita a esquerda) Nome Retrato Plenipotenciario deAleksei Feodorovich Orlov100px Imperio RusoKarl Ferdinand von Buol100px20px Imperio AustrohúngaroHenry Wellesley100px Imperio BritánicoCamillo Benso 100px20px Reino de SardeñaSegunda fila (dereita a esquerda)Mehmed Emin Aali Pasha100px20px Imperio OtománGeorge Villiers 100px Imperio BritánicoVincent Benedetti100px Segundo Imperio FrancésMehemmed Djemil Bey100px20px Imperio OtománAlexandre Colonna-Walewski100px Segundo Imperio FrancésEdwin Freiherr von Manteuffel100px20px Reino de PrusiaJoseph Alexander Hübner100px20px Imperio AustrohúngaroFrançois-Adolphe de Bourqueney100px Segundo Imperio Francés
Notas
Véxase tamén
Categoría:Obras pictóricas de 1856