San Xens de Bamio é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa na comarca do Salnés. Segundo o IGE, en 2025 tiña 1 232 habitantes (649 mulleres e 583 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un descenso respecto ós anos 2016, cando tiña 1 269 habitantes, e 2010, cando eran 1 375.
Patrimonio miniatura|250px|Pedra dos Ballotes Nesta parroquia atópase a Pedra dos Ballotes. Trátase dun conxunto petroglífico con figuras esquemáticas de cervos de gran tamaño.
Asociacionismo Bamio conta coa asociación cultural Mar de Arousa que ten banda de gaitas e grupo de baile.
Bamio na cultura popular galega Os mozos de Bamio/ prendelos, prendelos;/ van polos camiños,/ parecen carneiros. Santo San Xinés de Bamio,/ feito de pau de ameneiro,/ primo carnal dos meus zocos,/ irmán do meu tabaqueiro.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Bamio
Parroquias de Vilagarcía de Arousa
Notas
Véxase tamén Bibliografía BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.
Outros artigos Lugares de Vilagarcía de Arousa
Categoría:Parroquias de Vilagarcía de Arousa Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xens