miniatura|right|San Xosé carpinteiro, 1642, Louvre. Georges de La Tour, nado o 13 de marzo de 1593 en Vic-sur-Seille, e finado o 30 de xaneiro de 1652 en Lunéville, foi un pintor francés do Barroco, que pasou a meirande parte da súa vida no Condado de Lorena. A maioría da súa obra son escenas relixiosas en clarescuro iluminadas por unha candea.

Traxectoria miniatura|esquerda|Madalena con dúas candeas, , Metropolitan Museum of Art. Georges de La Tour naceu na cidade de Vic-sur-Seille na diocese de Metz, que tecnicamente formaba parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, mais estaba gobernada por Francia dende 1552. A documentación do bautismo revelou que era fillo de Jean de La Tour, panadeiro, e de Sybille de La Tour, de solteira Molian. Suxeriuse que Sybille procedía dunha familia en parte nobre. Crissy Bergeron Thesis – páxina 7, e nota 4, citando a Thuillier p.19 Os seus pais tiveron sete fillos en total, sendo Georges o segundo.

O pasado educativo de La Tour segue sendo pouco claro, mais suponse que viaxou a Italia ou aos Países Baixos no inicio da súa carreira. Posiblemente se adestrase con Jacques Bellange en Nancy, a capital de Lorena, aínda que os seus estilos son moi diferentes. As súas pinturas reflicten o naturalismo barroco de Caravaggio, mais isto probablemente chegou a el a través dos Caravaggisti holandeses da escola de Utrecht e doutros (franceses e neerlandeses) contemporáneos. En particular, La Tour adoita compararse co pintor holandés Hendrick Terbrugghen.Anthony Blunt, Art and Architecture in France, 1500–1700, 1953, Penguin

En 1617 casou con Diane Le Nerf, dunha familia nobre menor, e en 1620 estabeleceu o seu estudio na súa tranquila cidade natal provincial de Lunéville, parte do independente Ducado de Lorena que estaba ocupado por Francia, durante a súa vida, no período 1641–1648. Pintou principalmente escenas relixiosas e algunhas de xénero. Recibiu o título de "Pintor do rei" (de Francia) en 1638, e tamén traballou para os duques de Lorena en 1623-4, pero a burguesía local proporcionou o seu principal mercado e acadou certa riqueza. Non aparece rexistrado en Lunéville entre 1639 e 1642, e quizais viaxou de novo; Anthony Blunt detectou a influencia de Gerrit van Honthorst nas súas pinturas despois deste punto. Estivo involucrado nun renacemento relixioso liderado polos franciscanos en Lorena, e ao longo da súa carreira pasou a pintar temas case enteiramente relixiosos, pero en tratamentos con influencia da pintura de "xénero".

Georges de La Tour e a súa familia morreron en 1652 nunha epidemia en Lunéville. O seu fillo Étienne (1621-1692) foi o seu alumno.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Bibliografía Le Floch, Jean-Claude. Le Floch, La Tour, Le Clair et L'Obscur, Herscher, 1995 Le Floch, Jean-Claude. Le signe de contradiction : essai sur Georges de La Tour et son oeuvre, Presses Universitaires de Rennes 2, 1995 Thuilier, Jacques. Georges de La Tour, Flammarion, 1992 Wright, Christopher. The Art of the Forger, 1984, Gordon Fraser, Londres. ISBN 0-86092-081-X

Categoría:Nados en 1593 Categoría:Finados en 1653 Categoría:Nados no departamento de Mosela Categoría:Pintores do Barroco Categoría:Pintores de Francia