A estación de Tolosa é unha estación de tren de Adif do concello de Tolosa, en Guipúscoa. É a principal estación da localidade que tamén conta cun apeadoiro chamado Tolosa-Centro.
Dispón de servizos de Longa e Media Distancia operados por Renfe, ademais de formar parte da única liña existente da rede de Proximidades Renfe Donostia.
Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 596,907 da liña férrea de ancho ibérico que une Madrid con Hendaia a 80,36 metros de altitude.Tolosa (Est.) Euroferroviarios O tramo é de vía dobre e está electrificado.
Historia A estación foi inaugurada o 1 de setembro de 1863 coa posta en marcha do tramo Beasain-Donostia da liña radial Madrid-Hendaia.Caminos de Hierro del Norte de España Spanishrailway A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España, que mantivo a súa titularidade ata que en 1941 foi nacionalizada e integrada na recentemente creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Servizos ferroviarios Longa distancia Actualizado a 26 de xuño de 2016. Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observación Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Vitoria · Altsasu · Zumarraga · Tolosa · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido
Media distancia Actualizado a 26 de xuño de 2016. Liña Trens Orixe/Destino Destino/Orixe MD Intercity Irún Madrid-Chamartín 25 MD Irún Vitoria Miranda de Ebro
Proximidades É unha das estacións do núcleo de proximidades Renfe Donostia, pola que pasa a única liña deste núcleo.
<< cabeceira < estación liña estación > cabeceira >> Irún Tolosa-Erdia 25px Alegia Brinkola
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información na web de Adif
Tolosa