Ghost é un filme estadounidense de drama romántico dirixido por Jerry Zucker que se estreou en 1990. Está protagonizado por Patrick Swayze, Demi Moore, Tony Goldwyn e Whoopi Goldberg. Foi escrito por Bruce Joel Rubin e o argumento céntrase na historia dunha moza nova (Moore), a pantasma do seu amante asasinado (Swayze) e unha mentalista (Goldberg).
O filme foi un grande éxito comercial, recadando máis de $505,7 millóns sobre un orzamento de $22 millóns. Foi o meirande éxito cinematográfico de 1990.
Foi nomeado a cinco Premios Óscar na 63ª edición dos premios, incluíndo mellor filme, mellor banda sonora e mellor montaxe. Gañou os premios de mellor actriz secundaria para Goldberg e mellor guión orixinal. Swayze e Moore recibiron nomeamentos ós Globos de Ouro polas súas interpretacións, e Goldberg gañou un BAFTA, un Globo de Ouro, e un Premio Saturn ademais do Óscar.
Personaxes Patrick Swayze como Sam Wheat Demi Moore como Molly Jensen Whoopi Goldberg como Oda Mae Brown Tony Goldwyn como Carl Bruner Rick Aviles como Willie Lopez Vincent Schiavelli como Pantasma do metro Gail Boggs como Louise Armelia McQueen como Clara Phil Leeds como Pantasma na sala de emerxencias Augie Blunt como Orlando Stephen Root como Sarxento de Policía Bruce Jarchow como Lyle Ferguson
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1990 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jerry Zucker Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes sobre pantasmas Categoría:Filmes sobre vinganza Categoría:Filmes sobre parellas Categoría:Filmes sobre loito Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes sobre asasinatos