Guanyem Badalona en Comú (Gañemos Badalona en Común literalmente en catalán), inicialmente denominada Guanyem Badalona, é unha plataforma cidadá, constituída en partido político como confluencia de diferentes forzas políticas e sociaisGuanyem Badalona en comú, a confluencia nada das loitas sociais e da oposición a Albiol, co obxectivo de presentarse ás eleccións municipais de 2015 na cidade de Badalona, na provincia de Barcelona. A súa candidata á alcaldía e unha dos seus principais impulsores é a profesora e activista Dolors Sabater.

A formación foi a segunda lista máis votada nas eleccións de 2015 en Badalona con 5 concelleiros, por detrás do Partit Popular, que obtivo 10. Non obstante, Dolors Sabater foi investida alcaldesa grazas a un pacto de esquerdas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Forzas políticas de Cataluña Categoría:Badalona Categoría:Podemos