Ragnar Sigurðsson, nado en Reiquiavik o 19 de xuño de 1986, é un futbolista islandés. Xoga na demarcación de defensa para o FC Krasnodar da liga Premier de Rusia.
Traxectoria en clubs
Fylkir Reykjavík Ragnar iniciou a súa carreira nas categorías inferiores do Fylkir Reykjavík no ano 2002 para acabar debutando co primeiro equipo dous anos máis tarde, onde permanecería até o 2006.
IFK Göteborg En 2006 fichou polo club sueco IFK Göteborg. Debutou na Allsvenskan o 6 de abril de 2007 e xogou os 26 partidos de liga completos, formando unha formidábel parella con Mattias Bjärsmyr. O seu equipo acabaría por gañar a Allsvenskan ese ano polo que de contado o seu nome empezou a se asociar a varios grandes clubs da Ligue 1, Serie A, Bundesliga ou da Premier League. O daquela director de deportes do IFK Göteborg, Håkan Mild comentou que o club esixía uns 3.000.000 € por este talentoso defensa. Durante a súa segunda tempada Ragnar xogou 29 partidos (de 30) e o equipo terminou en 3º lugar, gañando a Supercupen e a Svenska Cupen.
FC København O 30 de maio de 2011, Ragnar asinou un contrato de catro anos cos campións dinamarqueses do F.C. København cun custo estimado da fichaxe de preto de 5.500.000 de Coroas Dinamarquesas. Neste club habería de conquistar a Copa de 2012 e a liga de 2013.
FC Krasnodar O 23 de xaneiro de 2014, o FC Krasnodar da primeira liga rusa anunciou que asinaran con Ragnar un contrato de dous anos e medio con opción a un ano adicional.
Selección nacional Debutou coa selección de fútbol de Islandia o 22 de agosto de 2007 nun partido amigábel contra Canadá, encontro que finalizou con empate a un. Ademais disputou a clasificación para a Eurocopa 2008, a clasificación para a Eurocopa 2012, a clasificación para a Eurocopa 2016, a clasificación para a Copa Mundial de Fútbol de 2010 e a clasificación para a Copa Mundial de Fútbol de 2014.
Goles internacionais # Data Estadio Opoñente Gol Resultado Competición1 16 de novembro de 2014 Doosan Arena, Pilsen, República Checa 0-1 2–1 Clasificación para a Eurocopa 20162 27 de xuño de 2016 Allianz Riviera, Niza, Francia 1-1 1-2 Eurocopa 2016
Clubs ClubPaísAnoPartidosGolesFylkir Reykjavík2004 - 2006582IFK Göteborg2006 - 201114114F.C. København2011 - 20131114FC Krasnodar2013 - 834
Palmarés
Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoAllsvenskanIFK Göteborg2007Copa de Suecia2008Supercopa de Suecia2008SuperligaF.C. København2013Copa de Dinamarca2012
Notas
Ligazóns externas Vídeo que repasa a traxectoria de Ragnar Sigurðsson no IFK Göteborg.
Categoría:Nados en Reiquiavik Categoría:Nados en 1986 Categoría:Futbolistas de Islandia Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Islandia Categoría:Xogadores do Fylkir Reykjavík Categoría:Xogadores do IFK Göteborg Categoría:Xogadores do F.C. København Categoría:Xogadores do FC Krasnodar Categoría:Xogadores do Fulham FC Categoría:Xogadores do FC Rubin Kazan Categoría:Xogadores do FC Rostov